Fai click no seguinte enlace para poder ver un pequeno resumo das actuacións do Festival de Nadal, onde unha vez máis, os libros estiveron moi presentes.
miércoles, 23 de enero de 2019
Día do usuario da Biblioteca
Así de ben o pasamos celebrando o Día do usuario da Biblioteca.
Con esta especial "caza do tesouro" ás agochadas puidemos recordar como se emprega o Meiga, como se chama a etiqueta que lle poñemos na biblioteca aos libros, a CDU, os distintos recunchos que hai na nosa Biblioteca...
Pasámolo en grande!
Con esta especial "caza do tesouro" ás agochadas puidemos recordar como se emprega o Meiga, como se chama a etiqueta que lle poñemos na biblioteca aos libros, a CDU, os distintos recunchos que hai na nosa Biblioteca...
Pasámolo en grande!
domingo, 13 de enero de 2019
¡¡ Venres en inglés !!
Dende que temos con nós na escola á nosa querida Jamaica, a auxiliar de conversa, aproveitamos á hora de ler dos venres para que nos conte algún pequeno conto en inglés.
Unha boa forma de mellorar a nosa comprensión oral en inglés a través dos contos que tanto nos gustan!
jueves, 20 de diciembre de 2018
Amigo invisible
Nestas datas tan especiais cheas de ledicia, bos desexos e agasallos... Lanzamos dende a Biblioteca a proposta do "Amigo Invisble", onde cada un dos nenos e nenas da escola, deben recomendar un libro para o Nadal ao seu amigo Invisible.
Unha boa forma de coñecer un pouquiño máis da organización da Biblioteca e tamén aos nosos compañeiros.
🔖🔖 Novo sistema de organización 🔖🔖
Ás veces, non sempre é doado para os máis pequenos coñecer a orde alfabética para poder colocar o libro no lugar que lle corresponde.
É por iso que, deseñamos estas tarxetas para poder facelo un pouquiño máis sinxelo ao poder clasificar os libros segundo o nivel de lectura (azul, vermello, verde e amarelo) e tamén pola inicial do autor/a do libro.
👴🧓Xornada de Nadal no Centro de Día🧓👴
Durante o día de hoxe, tivemos a oportunidade de compartir panxoliñas e cantigas cos usuarios e usuarias do Centro de Día de Pantón.
https://youtu.be/o4jFFJpbv6E
Foi unha experiencia moi gratificante para todos nós.
Seguro que a repetiremos moi pronto!
https://youtu.be/o4jFFJpbv6E
martes, 18 de diciembre de 2018
📽📽Booktubers Decembro🎥🎥
Aquí van os derradeiros booktubers do ano 2018!
Clickade no seguinte enlace para poder velos.
Agardamos que vos gusten! :)
https://youtu.be/zFPfxisuXI0
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Mochilas viaxeiras
Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...
-
CHEGOU O ENTROIDO!!!!!! Ala anda o noso Lerín facendo das súas! Aei que escoitai ben a ver que nos manda traer cada día, este pillabán... A...
-
Durante esta pasada semana tivemos diferentes iniciativas relacionadas co 23 de Abril, Día do libro. Unha delas é as “Lecturas compartidas”...








