martes, 9 de abril de 2019

Concurso Debuxo Infantil Sober


Un ano máis, o Concello de Sober co galo da súa coñecida XXXIX Feira do Viño de Amandi, convidounos a participar no  V Certame de Debuxo Infantil.


Neste Certame tamén participou alumnado doutros centros como: CEIP Virxe do Carme de Pantón e do CEIP de Currelos. 



A nosa alumna Celia, de 4º de EP, acadou un áccesit polo seu bonito debuxo.




Dende aquí, dámoslle a nosa NORABOA por ese premio!! 









miércoles, 3 de abril de 2019

Cartas de ida e volta!


Non podedes imaxinar a ilusión que lles fixo recibir un sobre cheo de cartas para cada un deles.


Dende o mes de Marzo, o alumnado de 5º e 6º do noso cole, estase a cartear co alumnado do CEIP San Clodio .



Cartas escritas tanto en galego coma en inglés, para fomentar o uso de ámbalas linguas e as boas prácticas da escritura.


Para moitos deles, está a supoñer unha nova experiencia o feito de ter que esperar a recibir respostas non tan inmediatas así como traballar a estructura que deben ter as cartas.



Unha moi boa iniciativa por parte de ámbolos centros para conseguir tender pontes entre o alumnado.











martes, 2 de abril de 2019

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Resultado de imaxes para 2 abril 2019 día libro infantil
Dende o ano 1967, o día 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Nesta data, búscase promocionar os bos libros infantís e xuvenís así como promocionar a lectura entre os máis novos e novas.


Co fin de seguir espertando emocións a través dos contos, durante as semanas previas, os máis pequeniños do noso cole, estivéronnos a organizar unha bonita sorpresa relacionada co conto de Elmer, de David McKee.

Aquí vola deixamos! Que a disfrutedes moito!



sábado, 23 de marzo de 2019

Semana da Árbore e da Auga


Durante esta semana, co galo da 8ª Semana Escolar da Árbore e da Auga,  estivemos a traballar sobre a importancia do coidado do noso medio ambiente, facendo un especial fincapé na importancia da conservación da nosa natureza.
Para iso, grazas aos materiais doados pola Deputación de Lugo, estivemos a ler os libros: O poder da auga de Xose A. Perozo, para o alumnado de primaria.
  • A camiñada de Pin e Gas de Xose A. Perozo, para o alumnado de infantil.












Ademáis, aproveitamos para plantar un fermoso bidueiro o que lle puxemos de nome "Chirri"





jueves, 21 de marzo de 2019

Día da Poesía - 21 de marzo

Como cada 21 de marzo, dende a escola celebramos o Día Mundial da Poesía, decretado pola UNESCO no ano 1999, co fin de fortalecer a cultura, especialmente dende a arte.

Coincidindo co mes adicado ás mulleres, os/as maiores do cole, recitaron algúns dos poemas que eles mesmos elaboraron durante as semanas previas.

O alumnado de 1º e 2º de primaria, recitou en grupo o poema "Mulleres", creado por Rubén Pedrido, un dos nosos alumnos de 5ºEP..






E os máis pequechos do cole, conseguiron recitar unha pequena poesía que converteron en canción sobre un dos contos que estamos a traballar neste días na aula, "Elmer" de David McKee adaptado por Juan Rafael Muñoz Muñoz.

Escoitao aquí:


viernes, 15 de marzo de 2019

Noraboa aos nosos grandes artistas!




Dende aquí, non queremos deixar pasar a oportunidade de transmitir a nosa máis sinceira noraboa a dous pequenos artistas en potencia da nosa escola, que foron premiados no II Concurso Fotográfico Christina Snellman ‘Viña Sacra’.



Noraboa Alejandro e Cristina!!





Traballando co xornal



Ao longo desta semana, na hora de ler estivemos empregando os xornais que temos no centro...

MoitoConto




Sen dúbida, un dos que máis lle gustou foi  "O Papagaio, un xornal para xente miúda"; un xornal recibimos periódicamente no cole e que trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura... 

Podedes obter máis información no seguinte enlace:  http://www.edicionsmoitoconto.com/





Ademáis, os/as maiores do cole, explicáronnos cales son as partes máis significativas dos xornais para máis tarde disfrutar coa lectura dos "xornais dos maiores".






Unha moi grata experiencia que lles achega un pouquiño máis ás experienciais do día a día.





Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...