miércoles, 9 de octubre de 2019

GRAZAS FAMILIAS!

Esta semana estamos de noraboa!, a biblioteca encheuse de novos libros e xogos que as familias mercaron para ampliar os fondos da mesma, tedes un montón de novidades, vide a biblio a velos!
MOITAS GRAZAS!!

lunes, 7 de octubre de 2019

Venres de obradoiro

E seguimos con mais novas!
Os venres estamos preparando diferentes obradoiros e actividades durante o recreo, ás que todas e todos estades convidados a prticipar.
O primeiro obradoiro que temos para vós é.... para aprender a facer estoxos ou carteiras con material de refugallo, esperámosvos na biblio!

Banda deseñada

Durante este ano traballaremos centrándonos na temática do "Cómic ou banda deseñada".
Utilizaremos este fío condutor para diferentes actividades e celebracións que se levarán a cabo durante este curso.
En primeiro lugar iremos ampliando o fondo lector da biblioteca con libros novos de este xénero literario, dende material específico para os nosos pequenos como material mais complexo para o noso alumado mais experimentado.

Biblioaxudantes

A bibilio está a pleno funcionamento xa, e o alumnado é o protagonista de isto!
Os compañeiros e compañeiras de quinto e sexto, xa empezaron a exercer de "BILIOAXUDANTES".
Todos os MARTES e XOVES durante a hora do recreo, poderedes acercarvos a coller ou consultar libros á biblio, estes rapaces e rapazas asesoraranvos en todo o que precisedes, son uns axudantes estupendos!
Durante esta semana os encargados foron...

Volta ó cole!

Setembro...toca volver ó cole! Un novo curso cargado de emocións, novas aprendizaxes, actividades, compañeiras e compañeiros, etc...
Dende a biblioteca tamén vos damos a benvida a este curso 2019-2020, no que pouco a pouco iremos desvelando moitas actividades e novidades lectoras...
Non deixedes de mirar o noso blogue...haberá noticias frescas!!
De momento para empezar, a bliblio busca mascota, queres participar? Anímate!! Aqui podedes ver as bases do concurso!

martes, 25 de junio de 2019

Semana de excursións



A semana pasada foi moi, moi intensa...todo o alumnado do cole nos escapamos de excursión!!

Dende infantil a 4º de primaria, puideron disfrutar dun fermoso día de convivencia coñecendo algúns recunchos da Ribeira Sacra a bordo do seu catamarán para despois rematar na fermosa Praia da Cova.


Unha xornada preciosa en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras.
Pola outra banda, os máis maiores do cole nos fomos de ruta polo norte de España...
Puidemos coñecer lugares tan fantásticos como: Santander, o parque natural de Cabárceno, as covas de Altamira, as Covas de El Soplao, o forestal park e máis o Museo do Xurásico...




Sen dúbida fermosísimas lembranzas que permanecerán na 
nosa memoria durante moitos, moitos anos!! 

De paseo polo noso Concello!


Durante este último mes, o alumnado de 1º e 2º de primaria, estivo a investigar cales son os recunchos do noso Concello máis interesantes para podelos visitar durante estas vacacións.

Eles mesmos, colleron as rendas da investigación a través das tablets e do ordenador da aula.

Despois, foron quen de gravar as súas propias anotacións na radio, coidando moito a súa pronunciación e os contidos a tratar.

E por último...divertíronse moitísimo xogando coas posibilidades que o croma lles ofrece...


Toda unha experiencia que podedes visitar premendo no seguinte enlace:


Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...