viernes, 8 de marzo de 2019

Viva o entroido!!



Este curso os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Monte Baliño, decidimos deixar os libros por un día e coller os apeiros de labranza para poder recolectar toda clase de froitas da nosa contorna.

Os máis pequenos e pequenas do cole, vestíronse de labregos e labregas e os de primaria, representaron as distintas froitas cos seus disfraces, os cales fomos elaborando na escola durante os días previos.




Unha gran macedonia de froitas chea de laranxas, limóns, sandías, amorodos, kiwis e piñas... desfilou polas rúas de Pantón, acompañada das nosas familias e de moitos curiosos e curiosas que se achegaron ata a Praza.


Pasámolo en grande!!



Comeza Radio Baliño!!


Comeza a nosa nova andadura na Radio.


Aquí vos deixamos un pequeno podcast  onde se recolle o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de educación, destacando a distintas mulleres da nosa historia.

Podedes escoitalo aquí debaixo.

Que o disfrutedes moito!

<iframe id='audio_34117706' frameborder='0' allowfullscreen='' scrolling='no' height='200' style='border:1px solid #EEE; box-sizing:border-box; width:100%;' src="https://www.ivoox.com/player_ej_34117706_4_1.html?c1=ff6600"></iframe>


jueves, 7 de marzo de 2019

Xoves de comadres e compadres

Ao grito de "mulleres ao poder" comezaba a nosa celebración do 
Xoves de comadres e compadres.


Dende o cole quixemos seguir mantendo esta bonita e divertida tradición galega de correr as comadres e compadres que previamente prepararamos coa axuda dos nosos maiores no Centro de Día, como parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias no que estamos a participar.



miércoles, 27 de febrero de 2019

Os Bolechas visitan a nosa Biblio


Con eles aprendimos que os RAEE non se deben tirar no monte, nin ao lixo senón que deben levarse ao punto limpo ou ben, que poden ser recollidos na tenda onde se compran os novos electrodomésticos.

Ademais, todos nós recibimos un súper agasallo de parte dos Bolechas e un carné RAEE dos Bolechas para nos converter en pequenos e pequenas embaixadores da reciclaxe dos RAEE.


Se queres saber máis información, fai click no seguinte enlace:





Comadres e compadres





Co galo do Entroido, acudimos ao Centro de Día de Pantón a elaborar as nosas comadres e compadres.



Unha bonita tradición que quixemos manter un ano máis pero esta vez coa axuda dunhas mans expertas, grazas ao Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, no cal participamos.









Pasamos unha moi agradable mañá en compañía dos maiores da nosa vila, que nos estiveron contando moitas anécdotas e historias sobre o Entroido na Vila.




lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía - 24 febreiro






O pasado 24 de febreiro conmemoramos o 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro, destacando durante a celebración a súa faceta como muller emprendedora e adiantada ao seu tempo.

Durante este día, elaboramos un mural por parte de tódolos nenos e nenas do centro coas distintas caroutas cedidas polo grupo de traballo  OZOCOgz.







Bibliotecas Escolares Solidarias


Este curso 2018/19 o noso centro está a participar no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias promovido pola Consellería de Educación.

Dito programa ten por obxectivo fomentar o voluntariado cultural así como de estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.

Nesta ocasión, o alumnado está a participar no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura co Centro de Día de Pantón así como coa Escola Infantil da Galiña Azul da nosa vila.

A última actividade que fixemos o pasado martes foi mostrarlles o traballo que habíamos preparado para o Día da Paz co teatriño de marionetas de "La guerra de los ratones".










Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...