domingo, 25 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro celébrase o "Día das bibliotecas", e nós non podemos estar máis orgullosos e orgullosas da nosa Biblio Baliño, onde atopamos sempre unha chea de libros e hitorias, de xogos e de recunchos creativos, onde se atopan os nosos xornais e revistas, e onde pasamos sempre moi bos momentos grazas as actividades e visitas que enchen as súas paredes.

Este ano é un pouquiño máis complicado realizar  moitas das actividades e xogos que sempre se facían, pero pouco a pouco imos adaptándonos aos novos tempos, e imos plantexando varias tarefas que nos achegan ao mrabilloso mundo da literatura e da cultura. 

O mércores celebraremos este día tan especial, con un xogo de pistas por "Grupos de convivencia" baseada nas "Xeografías dos contos populares" posto que ese é o noso PDI de curso, sempre respectando as normas de hixiene e o protocolo da biblioteca, sen perder o obxectivo principal, coñecer e gozar da nosa Biblio Baliño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...