O pasado venres 30 de maio, andivemos fedellando na Biblio de Lerín con Paola. Ao longo do día e organizados en tres grandes grupos, fomos pasando por este espazo e seguindo as directrices de Paola, que atendemos con moito entusiasmo e expectación.
Traballamos creatividade, programación co makey makey, cosido, circuitos eléctricos con fío condutor... Experimentamos todos xuntos nun ambiente relaxado e distendido de aprendizaxe divertido a través de recursos moi chamativos e motivantes.
Grazas Paola, por ensinarnos as túas ideas e compartir o día de aprendizaxe con nós!
A continuación, tendes un video para que poidades observar como o pasamos de ben e cantas cousiñas fixemos!!
Hoxe visitaron a nosa escola, a nosa Raquel (botavámoste de menos) e o seu compi Noel para realizar unha formación sobre radio dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria. A actividade levaba por título"Manual musical das nosas emocións a través da radio na Biblio"seguindo o fío condutor do noso PdI deste curso 2024-25"Un monte de emocións"
Realizaron 3 actividades diferentes:
1. Que son as emocións? Fixeron unha presentación na aula sobre emocións e a radio.
2. A través dun xogo de empatía, intentaron unir cancións, ilustracións e emocións. Pasamos dende a confusión, a ira e a compaixón ate a gratitude.
3. A continuación, en grupos de 4 alumn@s, crearon a súa propia ilustración, que representara unha emoción e engadíronlle cancións (que se escoitarán no podcast da radio que con brevidade publicaremos)
4. Visitamos a obra musical de 3 artistas , fixándonos no ritmo, na musicalidade para falar das súa letras e como podemos observar o contrapunto na mesa (múscia e letras son contrarias). Desta parte e do seu análise tamén fixemos unha gravación en formato podcast para a radio do cole a que se poderá acceder unha vez editado)
A actividade realizouse ao longo de todo o día, respectando o horario da xornada escolar.
Aprenderon moito, compartiron, reflexionaron e pasaron un día diferente no cole, empapándose de novos aprendizaxes.
Grazas Raquel e Noel polo voso traballo e por compartilo con nós!! Un pracer
Hoxe oalumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, asistiu a unha actividade aoConcello de Pantón.Aproveitando que facía un día moi bo, despois de tantos días de chuvia dos que xa estabamos aborrecid@s, decidimos ir camiñando, un estilo moi saudable e sostible!
A actividade levaba por título "Contos arredor da Terra: contos para camiñar descalza". Alí nos esperaba Alba, que nos propuxo escoitar varios contos cantados de Romances que nos fixeron imaxinar e rir.
Lembrounos entre conto e conto, a importancia da tradición popular oral(recordándonos que este ano, as Letras Galegas se dedicaron as Cantareiras) e que FALAR GALEGO era coma falar calquera outra lingua (nin preguiza, nin medo, nin vergoña..Falemos Galego), así que nos animou a non deixala morrer.
Encantounos... rimos coas personaxes que interpretou, coas historias dos contiños e disfrutamos coa súa frescura, voz e naturalidade!
Moitas grazas Alba por conectar co noso alumnado e transmitir teatralizando e cantando tan marabillosamente ben. Grazas ao Cris do Concello de Pantón, por invitarnos a gozar da proposta. Agardamos que poidamos visitarvos máis veces!!!
Sabemos que o estades esperando... sabemos que vos poden as ansias... sabemos que estades expectantes...sabemos que non vos aguantades máis...!!!!!
Así que por fin temos aquí oFestival do Día das Letras Galegas do Baliño, celebrado o pasado venres 16 de maio no auditorio do Concello de Pantón.
Este ano adicado a poesía popular oral, pers0nificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeiras Santos, de Muxía e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Pruedencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Unha representación colectiva, coa que se quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre. As mulleres foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura: tense dito que as pandeireteiras son símbolo de resistencia, apoderamento e sororidade. Cantadoras, tocadoras e bailadoras que fortalecían os vencellos comunitarios no ocio colectivo, inconscientes da súa forza emocional e política.
Grazas a todos, todas e todes por acompañarnos e facernos chegar os voso aplausos, sorrisos e agarimo...
Puxemos toda a ilusión e esforzo que puidemos! Non podemos estar máis orgullos@s do noso alumnado. É un pracer aprender e traballar con todos e cada un deles.
Este mércores tivemos unha agradable e entrañable visita e xornada. Visitáronnos os maiores e coidadoras docentro de día de Ferreira.
Foi unha xornada interxeracional, na que xuntamos dúas grandes familias (previo o día real da Familia, o 15 de maio). Nesta xuntanza, realizamos diferentes actividades nas que compartimos momentos, despertamos recordos e enchemos de ledicia e agarimo o Baliño.
Reunímonos todos e todas no noso ximnasio, os maiores viñan ataviados con panos, chales, chaleques ao máis puro estilo galego, xa que tamén visibilizamos a próxima chegada do día das Letras Galegas. E falando de letras... traíannos preparada unha bonita canciónque cantaron moi acompasados e alegres.
Despois todos xuntos/as cantamos unha segunda canción que preparamos, cuns versos de Amelia Prado. Aí sí que xa o demos todo!
Despois da troula de cantar, entregámoslles un agasallo realizado coa nosa cortadora láser para agradecer a visita e que levasen un recordiño noso, para que lembren que aquí os esperamos e que nos gusta moito que nos acompañen.
Para rematar, repartímonos por grupos máis reducidos (eramos unha morea de xente) para rir, compartir e gozar cuns xogos populares (chapas, buxainas, bolos, sacos, lanzamento de cordas..)
Que ben o pasamos!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR E DEIXAR OS NOSOS CORAZÓNS E OS RECUNCHOS DO NOSO COLE CHEOS DE AMOR!
Este xoves 8 de maio, todo o Baliño saiu de excursión. Collemos o autobús e dirixímonos a Bóveda, paravisitar a aula forestal "Os Trollos". Unhasaída á naturezadesas que tanto nos gustan e das que tanto gozamos.
Unha vez alí e tras o pequeno traxecto en bus dende a nosa escoliña, repartíronnos en dous grupos para realizar a visita dun xeito máis organizado e personalizado: por un lado, alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria e por outro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Que fixemos?
Primeiro, visita a exposición onde vimos unha maqueta do espazo da aula forestal e como se atopaban os montes e zonas colindantes; atendemos a unha explicación dos diferentes apeiros de labranza que alí se atopaban; achegamento ao recoñecemento das setas aptas para alimentación e visita ao viveiro invernadoiro onde observamos as prantas que teñen: pementos, calabacíns, leitugas...
Despois, asistimos a unha demostración do funcionamento dun coche motobomba explicado por un bombeiro ben "majo" que nos contou moitas cousiñas interesantes: levan corenta mangueiras, teñen luces e sinais acústicas... Ademais deixounos probar o manexo da mangueira con axuda xa que sae con moitísima presión. Foi unha actividade moi divertida.
Para rematar, merendamos e xogamos un pouco nese espazo tan natural, onde da gusto respirar e ulir a natureza que nos rodeaba. Ademais os maiores fixeron un pequeno percorrido saudable que os levou ata unha fontiña de auga natural moi fresquiña da que gozaron para paliar a sede trala camiñata.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que participamos no cole de VOZ NATURAe tamén no plan proxecta NUTRIESCOLAS.