viernes, 23 de mayo de 2025

Contos arredor da Terra: contos para camiñar descalza

 Hoxe o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, asistiu a unha actividade ao Concello de Pantón. Aproveitando que facía un día moi bo, despois de tantos días de chuvia dos que xa estabamos aborrecid@s, decidimos ir camiñando, un estilo moi saudable e sostible!

A actividade levaba por título "Contos arredor da Terra: contos para camiñar descalza". Alí nos esperaba Alba, que nos propuxo escoitar varios contos cantados de Romances que nos fixeron imaxinar e rir.

Lembrounos entre conto e conto, a importancia da tradición popular oral (recordándonos que este ano, as Letras Galegas se dedicaron as Cantareiras) e que FALAR GALEGO era coma falar calquera outra lingua (nin preguiza, nin medo, nin vergoña..Falemos Galego), así que nos animou a non deixala morrer.

Encantounos... rimos coas personaxes que interpretou, coas historias dos contiños e disfrutamos coa súa frescura, voz e naturalidade!

Moitas grazas Alba por conectar co noso alumnado e transmitir teatralizando e cantando tan marabillosamente ben. Grazas ao Cris do Concello de Pantón, por invitarnos a gozar da proposta. Agardamos que poidamos visitarvos máis veces!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

25N de 2025: ÚNETE A POÑER FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole do Baliño   UNÍMONOS   a poñer   FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO , enchendo o cole de violeta,   palabras que abrazan   (RESPECTO, AMOR, C...