jueves, 15 de mayo de 2025

XORNADA INTERXERACIONAL COS MAIORES DO CENTRO DE DÍA

 Este mércores tivemos unha agradable e entrañable visita e xornada. Visitáronnos os maiores e coidadoras do centro de día de Ferreira.

Foi unha xornada interxeracional, na que xuntamos dúas grandes familias (previo o día real da Familia, o 15 de maio). Nesta xuntanza, realizamos diferentes actividades nas que compartimos momentos, despertamos recordos e enchemos de ledicia e agarimo o Baliño.

Reunímonos todos e todas no noso ximnasio, os maiores viñan ataviados con panos, chales, chaleques ao máis puro estilo galego, xa que tamén visibilizamos a próxima chegada do día das Letras Galegas. E falando de letras... traíannos preparada unha bonita canción que cantaron moi acompasados e alegres. 

Despois todos xuntos/as cantamos unha segunda canción que preparamos, cuns versos de Amelia Prado. Aí sí que xa o demos todo! 

Despois da troula de cantar, entregámoslles un agasallo realizado coa nosa cortadora láser para agradecer a visita e que levasen un recordiño noso, para que lembren que aquí os esperamos  e que nos gusta moito que nos acompañen.




Para rematar, repartímonos por grupos máis reducidos (eramos unha morea de xente) para rir, compartir e gozar cuns xogos populares (chapas, buxainas, bolos, sacos, lanzamento de cordas..)



Que ben o pasamos!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR E DEIXAR OS NOSOS CORAZÓNS E OS RECUNCHOS DO NOSO COLE CHEOS DE AMOR!

Esperámosvos de novo no Baliño!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...