viernes, 9 de mayo de 2025

VISITA Á AULA FORESTAL "OS TROLLOS"

 Este xoves 8 de maio, todo o Baliño saiu de excursión. Collemos o autobús e dirixímonos a Bóveda, para visitar a aula forestal "Os Trollos". Unha saída á natureza desas que tanto nos gustan e das que tanto gozamos. 

Unha vez alí e tras o pequeno traxecto en bus dende a nosa escoliña, repartíronnos en dous grupos para realizar a visita dun xeito máis organizado e personalizado: por un lado, alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria e por outro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Que fixemos?

Primeiro, visita a exposición onde vimos unha maqueta do espazo da aula forestal e como se atopaban os montes e zonas colindantes; atendemos a unha explicación dos diferentes apeiros de labranza que alí se atopaban; achegamento ao recoñecemento das setas aptas para alimentación e visita ao viveiro invernadoiro onde observamos as prantas que teñen: pementos, calabacíns, leitugas...

Despois, asistimos a unha demostración do funcionamento dun coche motobomba explicado por un bombeiro ben "majo" que nos contou moitas cousiñas interesantes: levan corenta mangueiras, teñen luces e sinais acústicas... Ademais deixounos probar o manexo da mangueira con axuda xa que sae con moitísima presión. Foi unha actividade moi divertida.

Para rematar, merendamos e xogamos un pouco nese espazo tan natural, onde da gusto respirar e ulir a natureza que nos rodeaba. Ademais os maiores fixeron un pequeno percorrido saudable que os levou ata unha fontiña de auga natural moi fresquiña da que gozaron para paliar a sede trala camiñata.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que participamos no cole de VOZ NATURA e tamén no plan proxecta NUTRIESCOLAS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...