martes, 28 de enero de 2025

XOGANDO COS POLOS NA BIBLIOTECA DE LERÍN

Esta última semana de xaneiro o tempo está moi revolto así que os tempos de lecer, quedamos na nosa biblioteca do Baliño. Alí podemos ler libros e ollar novedades, xogar a xogos de estratexia, atención, memoria, disfrutar no recuncho de xogo funcional cos novos bonecos e minimundos, facer construccións manipulando as pezas de Kapla, pezas imantadas, muelles xiratorios, crear cos legos seguindo instruccións e innovando... en definitiva XOGAR E APRENDER cos recursos ofertados dende o espazo da biblioteca entre os que se atopan as novas incorporacións de Polos Creativos e da nosa biblioteca creativa.

Esta Biblioteca nosa apórtanos 

momentos educativos e lúdicos a partes iguais!



viernes, 24 de enero de 2025

II XUNTANZA CLUBE DE LECTURA

 O noso alumnado de 5º e 6º, participantes no CLUBE DE LECTURA reuniuse de novo arredor da lectura nun entorno gastro-literario na biblioteca de LERÍN no Baliño.

A lectura elixida tiña por título "Apestoso tio Muffin" de Pedro Mañas Moreno. Unha divertida e irreverente historia que nos amosa a importancia de superar os nosos medos e nos ensina a deixar de lado os prexuizos e as falsas experiencias.

Baixo a moderadora, a súa mestra Laura, crearon un clima moi distendido e natural no que intercambiaron opinións sobre a lectura do libro en cuestión.

Nesta historia foilles complicado relacionala coa alimentación, así que inxeniosamente recurriron ao título e prepararon uns riquísimos MUFFINS para amenizar o coloquio sobre o libro.


Agradecésmoslles que non se esqueceron do resto de alumnado e elaboraron suficientes muffins para todos e todas que comemos durante o tempo de ocio acompañados do leite do programa de reparto do FOGGA (Plan proxecta Nutriescolas)

Grazas rapaces e rapazas!

Coma sempre compartimos receita e ingredientes:

  • 200 g de fariña
  • 75 g de panela
  • 1 culler de esencia de vainilla
  • 1/2 sobre de levadura en pó
  • 40 g de cacao puro en pó
  • 1 culler de bicarbonato
  • 130 g de leite sen lactosa
  • 120 g de auga
  • 90 g de aceite

Prequecemos o forno a 200º e engrasamos un molde de muffins ou poñemos cápsulas de papel. Reservamos

Mesturamos fariña, azucre, levadura, cacao puro e bicarbonato.

Engadimos leite, auga e aceite e mesturamos.

Botamos mestura nun molde ata encher 3/4 partes da súa capacidade.

Levamos ao forno durante 25 min(200º)

Retiramos os muffins do forno, deixamos templar e servimos ou conservamos nun recipiente hermético.






viernes, 17 de enero de 2025

Carreira da Paz

Este curso celebraremos unha vez máis a nosa particular "Carreira da Paz", e xa imos pola VI edición!!

Nesta ocasión cambiaremos de tipo de axuda pero ca mesma finalidade,comprender e osbervar a importancia da axuda cercana para poder reverter situacións de inxustiza e poucos recursos que se poden estar dando cerca de nós.

O alumnado traerá 1KG de comida non perecedeira,que se entregará no cole e que posteriormente se fará chegar aos servizo sociais do concello de Ferreira.

O día que se proceda á entrega realizaremos unha convivencia cas persoas que recollerán a comida, e que nos contarán como se organizan, que criterios seguen, etc...

De tal xeito que todos vexamos que unha pequeniña aportación nosa pode cambiar moito a vida doutras persoas que nestes momentos o precisan.

Grazas por participar coma sempre!


Día de Paz






O 30 de Xaneiro conmemorase a nivel muundial o día da paz e da NON violencia.

No Monte Baliño temos moi claro que todos os días son días de paz, pero o xoves máis que nunca lembraremos que por desgraza seguen existindo moitas situacións cercanas e ao lonxe que distan moito dunha vida pacífica a igualitaria para todas as persoas.

Dentro das actividades que realizaremos no cole durante toda a semana, propoñemos tamén dende a biblioteca un concurso no que podedes participar e axudar aos vosos nenos e nenas!

Nesta ocasión existen dúas modalidades:

Para o alumnado dende segundo a sexto:

 Para ó alumnado de infantil e primeiro:
E os premiados e premiadas son…tod@s @s participantes!

lunes, 23 de diciembre de 2024

Amig@s invisibles!

Invisibles!Seguindo ca nosa tradición de todos os anos, o mimento mellor do día de vacacións é a apertura dos agasallos invisibles que con tanto cariño elaboramos nas nosas casas!

Tamén comemos as tradicionais “gusanadas” e berramos alto para darlle a benvida ao 2025, cheo de ilusións e novos proxectos!


Festi-Baliño de inverno!

Festi-Baliño! Familias! Aqui vos deixamos as actuacións tan marabillosas deste elenco interxerscional co que contamos no Monte Baliño!

Desexamosvos unhas boas datas, moito amor e saúde e que carguedes pilas para a volta de vacacións!

Aperta grande e os mellores desexos de todo o claustro do Monte Baliño!


martes, 17 de diciembre de 2024

ESTREANDO O NOVO MATERIAL DE XOGOS DE POLOS CREATIVOS

Este martes o alumnado do 2º curso do Baliño, tivo unha grata e divertida sorpresa. Foron os elixidos e elixidas para estrear na biblioteca de Lerín o novo material de xogos de Polos Creativos.

Pizarras máxicas, legos, construccións creativas, pezas de madeiras Kapla... pasaron por as mans dos nosos nenos e nenas que rotaron en grupos gozando dunha sesión compartida na que non faltaron as risas, onde brotou a creatividade, seguiron instruccións e por suposto, aprenderon xogando. 

Velaquí vos deixamos un video para que nos vexades gozala!!




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...