Este curso celebraremos unha vez máis a nosa particular "Carreira da Paz", e xa imos pola VI edición!!
Nesta ocasión cambiaremos de tipo de axuda pero ca mesma finalidade,comprender e osbervar a importancia da axuda cercana para poder reverter situacións de inxustiza e poucos recursos que se poden estar dando cerca de nós.
O alumnado traerá 1KG de comida non perecedeira,que se entregará no cole e que posteriormente se fará chegar aos servizo sociais do concello de Ferreira.
O día que se proceda á entrega realizaremos unha convivencia cas persoas que recollerán a comida, e que nos contarán como se organizan, que criterios seguen, etc...
De tal xeito que todos vexamos que unha pequeniña aportación nosa pode cambiar moito a vida doutras persoas que nestes momentos o precisan.
Grazas por participar coma sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.