O noso alumnado de 5º e 6º, participantes no CLUBE DE LECTURA reuniuse de novo arredor da lectura nun entorno gastro-literario na biblioteca de LERÍN no Baliño.
A lectura elixida tiña por título "Apestoso tio Muffin" de Pedro Mañas Moreno. Unha divertida e irreverente historia que nos amosa a importancia de superar os nosos medos e nos ensina a deixar de lado os prexuizos e as falsas experiencias.
Baixo a moderadora, a súa mestra Laura, crearon un clima moi distendido e natural no que intercambiaron opinións sobre a lectura do libro en cuestión.
Nesta historia foilles complicado relacionala coa alimentación, así que inxeniosamente recurriron ao título e prepararon uns riquísimos MUFFINS para amenizar o coloquio sobre o libro.
Agradecésmoslles que non se esqueceron do resto de alumnado e elaboraron suficientes muffins para todos e todas que comemos durante o tempo de ocio acompañados do leite do programa de reparto do FOGGA (Plan proxecta Nutriescolas)
Grazas rapaces e rapazas!
Coma sempre compartimos receita e ingredientes:
- 200 g de fariña
- 75 g de panela
- 1 culler de esencia de vainilla
- 1/2 sobre de levadura en pó
- 40 g de cacao puro en pó
- 1 culler de bicarbonato
- 130 g de leite sen lactosa
- 120 g de auga
- 90 g de aceite
Prequecemos o forno a 200º e engrasamos un molde de muffins ou poñemos cápsulas de papel. Reservamos
Mesturamos fariña, azucre, levadura, cacao puro e bicarbonato.
Engadimos leite, auga e aceite e mesturamos.
Botamos mestura nun molde ata encher 3/4 partes da súa capacidade.
Levamos ao forno durante 25 min(200º)
Retiramos os muffins do forno, deixamos templar e servimos ou conservamos nun recipiente hermético.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.