sábado, 26 de marzo de 2022

Mochilas viaxeiras🌈🎒

 E seguen as nosas mochilas a recorrer fogares e encher de historias e letras as casiñas do noso alumnado.

Hoxe Anita de terceiro fainos chegar este vídeo tan claro e conciso, grazas Ana e familia👏🏻💜



viernes, 25 de marzo de 2022

Purple day💜

  Hoxe é un día moi especial!

No Monte Baliño apoiamos e queremos dar visibildade ao día de concienciación sobre a epilepsia.

Purple Day comeza con Cassidy Megan, unha nena con epilepsia que con 9 anos, conseguiu vestir de morado a tod@s @s senador@s canadienses.

Dende ese momento en 2008, millóns de persoas lembramos cada 26 de marzo que é preciso investir en investigación e ciencia, ademáis dunha chea de aspectos máis, necesarios para poder seguir mellorando a vida das persoas que padecen epilepsia e o seu entorno!💜

A través do conto de “Celia e Luna” de Nuria Díez e con ilustracións de Paco Ortega, achegannos esta historia de superación, de amor e das diferentes formas de comunicación que poden existir.

Como xa é un clásico por esta data, Ían e Eli facendo alarde do seu bo facer para contar historias, len este conto precioso para todo o cole!

Mil grazas Ían e Eli por este contacontos marabilloso!👏🏻👏🏻

Purple power!



miércoles, 23 de marzo de 2022

26 DE MARZO 2022: PURPLE DAY

O vindeiro 26 de marzo de 2022 celébrase o "Purple Day: día da epilepsia". Para visibilizalo e concienciar sobre a importancia da investigación e coñecemento da mesma, no CEIP Monte Baliño poñémonos morados. 

Busca na túa casiña algunha prenda ou complemento (Ponte todo o morado que atopes!!) e o venres 25 de marzo esperámoste ver! 

APOIAMOS ÁS PERSOAS CON EPILEPSIA!!



Agradecimiento seguidores instagram de CRISTINA PAMPIN ALVAREZ

jueves, 17 de marzo de 2022

Escornabots e gramática🤖📚

 Quen dixo que aprender gramática non era divertido?

Hoxe en quinto repasamos as categorías gramaticais axudados dos nosos Escornabots!

Utilizando as preoposicións, conxuncións e pronomes persoais, realizamos unha actividade moi robótica, primeiro había que buscar a categoría gramtical que a profe suxeríar, despois crear unha frase utilizándoa correctamente!



Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Hoxe tócalle o turno ao noso particular “devorador de contos”! Ían de sexto de infantil goza, desfruta e é moi feliz cada vez que entre as súas mans aparece un conto, desta volta cremos que o que máis lle gustou foi o de Elmer e as cores, que vos parece?

Moitas grazas Ían e familia!🌈👏🏻👏🏻



CONTOS 8 M: AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS

As princesas son rosas, delicadas, débiles... BASTA XA DE PARAFERNALIAS!!.... as princesas son persoas e como tal teñen todas as necesidades, sentimentos, emocións que calquera ser humano poida manifestar... e por suposto...TÍRANSE PEIDOS!!!🙊

Na aula de Infantil de 5º e 6º, na sesión de estimulación da linguaxe escoitaron, aprenderon, falaron e riron a cachón co conto titulado "As princesas tamén se tiran peidos". Desmitificaron as ideas tradicionais acerca das diferentes princesas dos contos: Brancaneves, Cincenta, Ariel...

Tras a lectura fixeron un pequeno intercambio de opinións e argumentos de como podería ser unha princesa fuxindo dos clásicos. Sairon palabras como guerreiras, fortes, valentes, aventureiras... Relacionamos isto coa inminente conmemoración do 8 Marzo "Día Internacional da Muller"

Como culminación decidiron plasmar a través dun debuxo todos os puntos fortes que creían debería ter unha princesa.

Velaquí vos deixamos os seus fantásticos debuxos!! Uns pequenos e pequenas artistas!!


 






PROTAGONISTAS FEMININAS PELÍCULAS ANIMADAS CON BLUEBOT

A nosa rapazada de 5º e 6º de Infantil, na sesión de Estimulación da Linguaxe, recibiron unha nova visita de Bluebot (un dos nosos escornabots). Sempre é ben recibido! Esta vez para realizar unha actividade enmarcada dentro do 8 de Marzo "Día da Muller"

Tras a visualización dun pequeno Genially con actividade interactiva incluida para introducir a temática, fixeron programación con Bluebot, para achegar as diferentes protagonistas femininas de películas animadas aos obxectos/elementos identificativos das mesmas. 

Durante ó longo da sesión traballaron concienciación e valores (as mulleres son valentes, aventureiras, loitadoras, fortes...) fuxindo de estereotipos de delicadeza e debilidade, expresión oral, vocabulario, comprensión de información oral, orientación espacial, descrición, seguimento de pistas, respeto de quendas, escoita activa...

Gracias aos pequenos e pequenas por demostrarnos que a educación en igualdade ten que empezar dende as idades máis temperás!

Nin mellores nin peores, persoas en igualdade de condicións!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...