jueves, 17 de marzo de 2022

CONTOS 8 M: AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS

As princesas son rosas, delicadas, débiles... BASTA XA DE PARAFERNALIAS!!.... as princesas son persoas e como tal teñen todas as necesidades, sentimentos, emocións que calquera ser humano poida manifestar... e por suposto...TÍRANSE PEIDOS!!!🙊

Na aula de Infantil de 5º e 6º, na sesión de estimulación da linguaxe escoitaron, aprenderon, falaron e riron a cachón co conto titulado "As princesas tamén se tiran peidos". Desmitificaron as ideas tradicionais acerca das diferentes princesas dos contos: Brancaneves, Cincenta, Ariel...

Tras a lectura fixeron un pequeno intercambio de opinións e argumentos de como podería ser unha princesa fuxindo dos clásicos. Sairon palabras como guerreiras, fortes, valentes, aventureiras... Relacionamos isto coa inminente conmemoración do 8 Marzo "Día Internacional da Muller"

Como culminación decidiron plasmar a través dun debuxo todos os puntos fortes que creían debería ter unha princesa.

Velaquí vos deixamos os seus fantásticos debuxos!! Uns pequenos e pequenas artistas!!


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...