viernes, 25 de marzo de 2022

Purple day💜

  Hoxe é un día moi especial!

No Monte Baliño apoiamos e queremos dar visibildade ao día de concienciación sobre a epilepsia.

Purple Day comeza con Cassidy Megan, unha nena con epilepsia que con 9 anos, conseguiu vestir de morado a tod@s @s senador@s canadienses.

Dende ese momento en 2008, millóns de persoas lembramos cada 26 de marzo que é preciso investir en investigación e ciencia, ademáis dunha chea de aspectos máis, necesarios para poder seguir mellorando a vida das persoas que padecen epilepsia e o seu entorno!💜

A través do conto de “Celia e Luna” de Nuria Díez e con ilustracións de Paco Ortega, achegannos esta historia de superación, de amor e das diferentes formas de comunicación que poden existir.

Como xa é un clásico por esta data, Ían e Eli facendo alarde do seu bo facer para contar historias, len este conto precioso para todo o cole!

Mil grazas Ían e Eli por este contacontos marabilloso!👏🏻👏🏻

Purple power!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...