jueves, 17 de marzo de 2022

PROTAGONISTAS FEMININAS PELÍCULAS ANIMADAS CON BLUEBOT

A nosa rapazada de 5º e 6º de Infantil, na sesión de Estimulación da Linguaxe, recibiron unha nova visita de Bluebot (un dos nosos escornabots). Sempre é ben recibido! Esta vez para realizar unha actividade enmarcada dentro do 8 de Marzo "Día da Muller"

Tras a visualización dun pequeno Genially con actividade interactiva incluida para introducir a temática, fixeron programación con Bluebot, para achegar as diferentes protagonistas femininas de películas animadas aos obxectos/elementos identificativos das mesmas. 

Durante ó longo da sesión traballaron concienciación e valores (as mulleres son valentes, aventureiras, loitadoras, fortes...) fuxindo de estereotipos de delicadeza e debilidade, expresión oral, vocabulario, comprensión de información oral, orientación espacial, descrición, seguimento de pistas, respeto de quendas, escoita activa...

Gracias aos pequenos e pequenas por demostrarnos que a educación en igualdade ten que empezar dende as idades máis temperás!

Nin mellores nin peores, persoas en igualdade de condicións!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...