miércoles, 28 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Seguimos coa nosa gran variedade contos e lectores....hoxe tócalles a Erea e Carmen, que nos van a contar unha historia moi bonita sobre a vida dos monstros...



martes, 27 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Hoxe e o turno de Claudia e Daniela que con moi bo gusto e moi bo saber facer, achégannos esta versión tan divertida de esa cabaciña tan especial que moito nos presta!



lunes, 26 de octubre de 2020

Contos de Samaín

 Comezamos coa nosa semana de Samaín...este ano non podemos gozar dos contos monstrosos na biblio, que tanto nos gustan...pero os nosos e as nosas biblioaxudantes transformáronse en contacontos e viaxaron a diferentes lugares para achegarvos unhas bonitas historias de Samín!

Hoxe tócalle o turno a Candela e Marta, que nos van a contra a verdadeira orixe do Samaín!




domingo, 25 de octubre de 2020

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de outubro celébrase o "Día das bibliotecas", e nós non podemos estar máis orgullosos e orgullosas da nosa Biblio Baliño, onde atopamos sempre unha chea de libros e hitorias, de xogos e de recunchos creativos, onde se atopan os nosos xornais e revistas, e onde pasamos sempre moi bos momentos grazas as actividades e visitas que enchen as súas paredes.

Este ano é un pouquiño máis complicado realizar  moitas das actividades e xogos que sempre se facían, pero pouco a pouco imos adaptándonos aos novos tempos, e imos plantexando varias tarefas que nos achegan ao mrabilloso mundo da literatura e da cultura. 

O mércores celebraremos este día tan especial, con un xogo de pistas por "Grupos de convivencia" baseada nas "Xeografías dos contos populares" posto que ese é o noso PDI de curso, sempre respectando as normas de hixiene e o protocolo da biblioteca, sen perder o obxectivo principal, coñecer e gozar da nosa Biblio Baliño.



Había unha vez un cole...

 Aqui estamos, así de felices, así nos vemos todos os días, para lembrar os nosos sorrisos, ocultos baixo os tapabocas, pero aí seguen, sempre alumeando os nosos corredores, para lembrarnos que pronto poderemos ensinalos!!

Viva Monte Baliño!!!





Moitas novidades...

 Pouco a pouco imos acercando novidades, novos e increíbles mundos por descubrir...non vos esquezades de visitar a Lerían que ten moito por ensinarnos...







Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...