Grazas á colaboración de Dani Vieiteze Iria Iglesias ( familia dunha das nosas alumnas) puidemos levar a cabo unha actividade moi divertida que nos permitiu coñecer un pouquiño máis sobre o mundo da ilustración e da prensa.
Ademáis, tivemos a sorte de ser uns dos primeiros en coñecer un preciosos conto que aínda se está a cociñar no forno.
Fomos todo uns privilexiados!!
Ao longo da semana, seguiremos a traballar co Xornal...estade atentos e volo seguiremos contando!
Todo o cole, no día de hoxe, acudimos ao Centro Cívico de Monforte, convidados polo CIM e en colaboración co colectivo "Lemos Le" para a presentación do libro de Genoveva González Prieto, o cal xunto cos centros educativos e as bibliotecas tanto de Monforte como da comarca de lemos, axudamos a ilustrar durante o ano pasado.
Este ano, a muller escollida para conmemorar no Día da Muller, foi Genoveva Gonzalez Prieto, unha mestra de Bóveda que loitou polos dereitos de todos os cativos e cativas da comarca a ter unha educación de calidade.
Cómpre dicir que o próximo ano, o 8 de Marzo será adicado a Inés Fernández, abadesa na nosa vila no século XV.
Unha moi boa iniciativa que consegue
poñer en valor ás mulleres máis destacadas da nosa Comarca.
Este curso 2018/2019 dende o Equipo de Bibliotecas, propuxémonos comezar coa aventura da radio na Biblio.
Partindo da idea traballada no Día da Muller na ciencia ( 13 de febreiro) comezamos a elaborar un pequeno programa de Radio baixo o nome de "Radio Baliño".
En grupos cooperativos, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron elaborando distintas entrevistas, anuncios publicitarios e noticias para incluir no noso programa.
Aquí vos deixamos a nosa primeira achega ao mundo da radio.
O Entroido semella que aínda non rematou e seguimos a recibir un milleiro de fotos das familias do noso cole, desfilando coa COMPARSA DO ENTROIDO polas rúas da nosa Vila!!
Este curso os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Monte Baliño, decidimos deixar os libros por un día e coller os apeiros de labranza para poder recolectar toda clase defroitas da nosa contorna.
Os máis pequenos e pequenas do cole, vestíronse de labregos e labregas e os de primaria, representaron as distintas froitas cos seus disfraces, os cales fomos elaborando na escola durante os días previos.
Unha gran macedonia de froitas chea de laranxas, limóns, sandías, amorodos, kiwis e piñas...desfilou polas rúas de Pantón, acompañada das nosas familias e de moitos curiosos e curiosas que se achegaron ata a Praza.
Aquí vos deixamos un pequeno podcast onde se recolle o traballo realizado polo alumnado de 5º e 6º de educación, destacando a distintas mulleres da nosa historia.
Ao grito de "mulleres ao poder" comezaba a nosa celebración do
Xoves de comadres e compadres.
Dende o cole quixemos seguir mantendo esta bonita e divertida tradición galega de correr as comadres e compadres que previamente prepararamos coa axuda dos nosos maiores no Centro de Día, como parte do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias no que estamos a participar.