Este luns 13 de maio, o alumnado do Clube de lectura Lerín Lerán de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" de Andrea Maceiras (Premio Anaya infantil 2022); unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.
Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.
E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.
Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.
Lerín Lerán
máis lectura
no verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.