lunes, 27 de abril de 2026

Plan de Formación do Profesorado (PFPP): Patios dinámicos inclusivos e polos creativos.

 Os mestres e mestras seguimos aprendendo e formándonos para actualizarnos, aprender e por que non, para sacar a nosa vea artística.

Este pasado luns 27 de abril, visitáronnos Marcos e Manuel, dous grafiteiros que pasaron o día con nós. Durante a xornada lectiva como actividade da nosa Biblioteca Creativa, e gardando relación co PDI "Deseñar e crear, todo é comezar", co alumnado que en grupos puido ver o seu traballo, practicar e aprender desta ARTE URBANA, que non é de malotes, senón como ben dicimos ARTE E TRABALLO. 

Pola tarde, foi a quenda dos mestres e mestras, que dentro do PFPP "Patios dinámicos inclusivos e polos creativos", decidimos empaparnos deste arte para deixarnos ser artistas e aprender da liberdade, deixar voar a imaxinación e reflexionar sobre as posibles propostas educativas e lúdicas que puideran ter o seu inicio nesta sesión de docencia....e ...XA TEMOS A IDEA!!

En vindeiras entregas veredes o que faremos!

PFPP 2025-26



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Club de lectura Lerín Lerán

 Arrancamos motores! Este venres repartimos as primeiras obras que se lerán no noso club de lectura, fixemos dous grupos diferentes, de tal ...