lunes, 27 de abril de 2026

Día do libro 2026

 O 23 de abril é un día moi especial no noso calendario!

Celebramos por todo o alto o día do libro, o gusto pola lectura e aventuras que nos agardan nos exemplares que temos na biblio, festexamos os versos dos poemas que enchen os andeis das nosas casas, pero sobretodo aproveitamos para facer moitas actividades relacionadas ca lectura dun xeito diferente!

Entre todas as propostas que se levarán a cabo durante esta semana e a seguinte, unha delas foi un programa de radio en directo durante o recreo, que deixaremos aqui colgado, no que durante os 30 minutos de lecer, o alumnado e mestras e mestres do cole, foron pasando pola Radio Baliño, para ler un anaquiño do Quixote, libro a conmemorar por escelencia nesta data.

Primeiramente as crianzas de primeiro e segundo, contáronnos porque o 23 de abril se celebra o día do libro, que ben o fixeron e canta información nos deron!

Logo a modo de réplica do que se fai cada ano no Circulo de Belas Artes de Madrid, dende 1996, fomos lendo pequenos pasaxes desa obra tan importante de Miguel de Cervantes!

Grazas a todas e todos por compartir un anaquiño nas nosas ondas!!



Aqui vos deixamos algunhas fotos do momento!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2026

  O 23 de abril é un día moi especial no noso calendario! Celebramos por todo o alto o día do libro, o gusto pola lectura e aventuras que no...