jueves, 1 de febrero de 2024

Xoves de compadres!

 Un ano máis seguimos ca nosa tradición celebrando o xoves de compadres!

O mércores as alumnas de quinto e sexto foron ao centro de día a construir os seus compadres xunto cas usuarias do mesmo e as traballadoras!

Sempre é un auténtico pracer compartir un rato con elas, xeracións tan dispares que gozan dunha actividade común, compenetrándose entre a enerxía e a sabedoría!

O resto das nenas do cole, elbaoraron na súa aula os seus bonecos, e hoxe xogamos ao tradicional achegamento entre mozos e mozas que se celebraba nesta zona, no que as rapazas escapan co seu compadre e os rapaces tratan de atrapalos e esnaquizalos!

Velaí tedes un pouco desta diversión e de como seguimos a perpetuar as tradicións para que non esmorezan…



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...