viernes, 27 de noviembre de 2026

Mes da ciencia!

 Velaí ven o que máis nos gusta, fedellar ca ciencia!

Este mes de novembro sempre chega marcado polos experimentos e o funcionamento daqueles aparellos que nos rodean día a día.

Desta volta dende o equipo de biblio propuxéronse varias actividades, unha delas cas crianzas máis pequenas, foi elaborar unha lámpada de lava, ver como funciona e descubrir que pasa nesa maxia científica!

Logo percorreron un camiño organizando os pasos que demos para elaborala, pero para iso tiñan que programar o noso pequebot, canto aprendemos!

O alumnado máis maior, experimentou cos circuítos eléctricos, observando como funcionan, como contruílos, a importancia das baterías e as conexións entre elementos positivos e negativos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Mes da ciencia!

  Velaí ven o que máis nos gusta, fedellar ca ciencia! Este mes de novembro sempre chega marcado polos experimentos e o funcionamento daquel...