martes, 5 de diciembre de 2023

Agasallo con amor!

Aqui chega a nosa data do ano favorita! A quen non lle gusta un agasallo?

Pois no Monte Baliño somos expert@s nesta tarea, a diario agasallamos con apertas, sorrisos, bailes, trasnadiñas, aprendizaxes e moitas máis cousas que fan que o noso día a día sea divertidísimo!

Pero cando chegan estas datas...elaboramos un regalo con material de refugallo, construimos e creamos con moito agarimo un paquetiño cheo de ilusión que despositaremos no cole antes do día 21 de Decembro!

O día 21 como xa é tradición todo o alumnado e persoal do centro abriremos con moita ledicia o paquetiño que nos toque...que marabilla de momento cando vemos o esforzo e enerxía que algunha das persoas que nos rodea a diario puxo en facer o noso AGASALLO INVISIBLE!

Moitas grazas familias por participar nesta actividade e facer que isto sexa posible!


Amig@ invisible de CEIP Monte Baliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...