martes, 21 de noviembre de 2023

Ímonos de excursión!

 Dentro do noso PDI, coñecendo a provincia de Lucus Augisti, este ano estamos exeplorando as diferentes explotacións gandeiras que temos na nosa contorna, e observando a diferenza que existe entre a gandeiría intensiva e extensiva.

Esta semana acercámonos a Mañente, a unha pequena granxa na que vivimos un momento moi especial, a chega dunha nova vaquiña ó mundo! 

Ademais de poder coñecer aos burrus, cabalos, unha camada de pequenos manstins, as pitas e galos, e aos porquiños, tivemos a inmensa sorte de ter unha verdadeira clase de bioloxía en directo!

Pasámolo en grande, ata lle puxemos nome á pequena, dende agora será Baliña a vaquiña!

Mil grazas Xosé por este día tan chulo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...