Para celebrar o Día das Bibliotecas, o martes 24 de Outubro, este ano preparamos unha actividade ben bonita!
Sabendo que as bibliotecas están cheas de libros e moreas de aventuras, os nenos e nenas do Baliño, elixiron o seu libro favorito e fixeron un debuxo da portada ou relacionado coa historia ou tamén unha foto orixinal co seu seleccionado.
Este ano na escola do Baliño, o noso PDI é "Coñecendo a provincia: LUCUS AUGUSTI", e basándonos nos traballos de pescadores das beiras do río Sil, decidimos TECER A NOSA CREATIVIDADE nunha rede pesqueira.
Así que quentamos as nosas mans e concentramos a nosa atención para preparar esta REDE DE LIBROS. Podedes ver do que falamos no video que tedes a continuación.
GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!!
E para finalizar tivemos unha sorpresiña, recibimos uns fermosos marcapáxinas diseñados por @estudiognomo (Iria Iglesias e Dani Viéitez) para o Colectivo Lemos Le.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.