sábado, 1 de abril de 2023

FILIPINO FOOD DAY! RECEITAS DENDE FILIPINAS CON ANG

Para rematar este segundo trimestre, a nosa teacher Nati e máis a nosa auxiliar de conversa Ang, organizaron un día especial! Exactamente un día culinario diferente!

Ang vén de Filipinas e prestouse a seleccionar tres pratos típicos do seu país (primeiro, segundo e sobremesa), para despois preparalos xunto co alumnado dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de primaria) coa axuda do noso cociñeiro e aproveitando o noso comedor.

Tendo en conta o número de comensais, botaron números para ter ingredientes dabondo para todos (traballando a competencia matemática), analizaron a receita (vocabulario e comprensión da receita en Inglés) e puxéronse mans á masa. Coma se dun masterchef se tratase, traballaron en grupos repartindo as tarefas, respectando aos demáis, aprendendo e rindo xuntos nun espazo diferente a aula de referencia.

O menú estaba formado por:

  1. APPETIZER/STARTER: UKOY 
  2. MAIN COURSE: FILIPINO SPAGUETTI 
  3. DESSERT: FILIPINO FRUIT SALAD  

O resultado?? Deliciosos pratos que gozamos no último día de trimestre, coñecendo un pouquiño máis a nosa queridiña Ang, a cal tantos sorrisos nos regala. Estamos seguros e seguras de que a ela tamén lle viñeron bos recordos do seu país con esta simple pero emotiva proposta.

Mil grazas a alumnado, profesorado e por suposto a ti... ANG 😋





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...