Hoxe, martes 18 de abril, o profesorado e alumnado do Baliño, realizamos unha saída a Salcedo. Unha saída á nosa terra, actividade enmarcada dentro do PDI deste ano "Miña terra galega". Ao corazón dos nosos montes galegos, en plena natureza, a cal semellaba triste, solitaria e doente. Unha imaxe desoladora inondou as nosas retinas. Por mor dos incendios, o monte estaba negro e vacío... Sen árbores... Sen vida...
O coordinador da actividade (un axente ambiental) xunto cos seus compañeiros, explicáronnos o sucedido. Un raio causara toda aquela desgraza! Falounos do que era un INCENDIO FORESTAL, as causas, efectos socioeconómicos e ambientais, a importancia que ten o chan, non so as árbores e cales son os coidados para previr esta situación e cales son as actuacións a levar a cabo tras a mesma, dándolle fundamental valor o solo para repoboar os nosos montes.
Pasamos unha mañá de aprendizaxe do máis significativa.
Os montes son vida polo tanto....COIDÉMOLOS!!!
É cousa de Tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.