
Un dos cometidos de participar no PLAMBE consiste en actualizar a nosa Biblioteca.
Despois de moitos anos de utilización, na nosa Biblioteca había unha morea de libros que o noso alumnado xa non estaba a empregar polo que, foi necesario "liberar" estes libros para poder dar cabida a novas coleccións e títulos máis novidosos e que consigan motivar ao noso alumnado.

É por iso que, con motivo da Conmemoración do Día do Libro, dende a escola, decidimos celebrar unha pequena "Feira do Libro de Segunda Man".
Os biblioaxudantes durante as semanas previas estiveron seleccionando os títulos que querían donar aos pantoneses e pantonesas, para despois levalos á praza do Concello e colocalos nas distintas mesas para que os habitantes de Pantón, puideran pasar a recoller un título da súa elección.
Foi unha bonita iniciativa que esperamos axudara a todos a seguir
animándoos a ler moreas e moreas de libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.