lunes, 1 de junio de 2026

I Romaría das familias

 Este ano no Monte Baliño preparamos unha xuntanza con tas as crianzas e familias para celebrar o día da nosa cultura galega e o día da familia!

Tivemos de todo, o ambiente e participación foi inmellorable!

Estivemos elaborando o día anterior un pastel de plátano e unha limonada de Sandía, que logo ese mesmo día serviunos de merendola para todxs!

O cole estaba cheo de xogos populares espallados por diversas zonas, material do cole e materiais específicos prestados polo CFR de Lugo!

Mentras todas e todos xogaban os libremente, as familias ían pasando por titorías para pintar un super mural que xa tiñamos comezado.  Quedou estupendo! Agora só nos quedan os últimos retoques!

Para rematar unha xornada tan especial e emotiva, tivemos un obradoiro interxeracional de danza tradicional a cargo de Artur Puga, que nos fixo bailar e xogar ao ritmo da música!

Durante os días previos todas as crianzas elaboraron uns bastidores bordados e pintados con motivos relacionados coas súas familias, os cales logo de rematar o día levaron ás súas casiñas!

Esta será a primeira de moitas Romarías, foi un éxito, queremos agradecer a todas as familias a súa colaboración e a ANPA a súa axuda e apoio!



viernes, 22 de mayo de 2026

PAPEL RECICLADO E LETRAS GALEGAS

Dende a nosa BIBLIOTECA CREATIVA de Lerín e en coordinación co PROXECTO VOZ NATURA no que participamos, realizouse unha actividade en todos os niveis adaptándonos ao grupo correspondente.

A proposta viña a colación da celebración das nosas LETRAS GALEGAS, adicadas este ano a Begoña Caamaño, e tendo en conta a súa obra Os fíos de Begoña realizamos uns atrapasoños que agora decoran os nosos pasillos e entrada.

Primeiro elaboramos papel reciclado, vaia experiencia observar como podemos transformar papel vello en papel novo para as nosas verbas. Despois, cada alumn@ na súa aula xunto cos titores e titoras, plasmaron en anacos de papel  novo, debuxos, palabras galegas, anacos ou fragmentos de libros.

Quedounos unha actividade ben vistosa e ademais educativa. 

Deixámosvos xuzgalo a vós mesmos/as.

BIBLIOTECA CREATIVA

PROXECTO VOZ NATURA






miércoles, 20 de mayo de 2026

OBRADOIRO DE RADIO 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores o alumnado de 4º 5º e 6º de primaria realizou un obradoiro de RADIO que resultou todo un éxito. Encántanos que as cousas saían ben.
Recibimos a Germán Díaz, para presenciar e formar parte dun obradoiro de instrumentos mecánicos. Que absoluta marabilla! 


Esta actividade forma parte da formación a que temos dereito por participar na Radio na Escola na Biblio.
Dividiuno en dúas partes, unha máis teórica e outra práctica na que os nenos e nenas foron axentes activos da formación elaborando unhas melodías ás que puxeron os títulos que esta lles suxería: "O sol da mañá", "lonxe da casa"...
Pero o mellor que podemos facer é compartilo mediante unha reportaxe visual para que vexades que en realidade foi brutal. 

Grazas Germán por "atrapar" o noso alumnado do Baliño 
na túa paixón.



viernes, 15 de mayo de 2026

I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026

 Hoxe anticipámonos a un día moi especial sinalado no noso almanaque: o 17 de maio DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.

Que fixemos para celebralo?Pois este ano o Colectivo Lemos Le organizou para este día a I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu a esta xornada de festa, organizada nas dependencias do colexio veciño de Sober, onde acudiron máis colexios da contorna. Reuníronse nunha xornada na que se compartiron diferentes propostas musicais e artísticas poñendo en valor a cultura e a lingua galega que nos une. 

O noso alumnado preparou unhas regueifas moi lucidas que defenderon dun xeito espectacular.

Tan activamente participaron e se implicaron que ata elaboraron os seus propios bocadillos para degustar na xornada festeira. Empregaron para elo pan centeo e elixiron entre diferentes opcións e alternativas: aguacate, tomate, queixo, pavo e lacón. Como lles prestaron os bocadillos despois da súa actuación!Actividade que enmarcamos no Plan Proxecta NUTRIESCOLAS.

Grazas as bibliotecas de todos os centros por participar nesta xuntanza e grazas á nosa bilbioteca de Lerín por nos permitir gozar desta proposta. Esperamos repetir o próximo ano!!

Podedes formar o voso propio criterio visualizando o video que segue!



viernes, 8 de mayo de 2026

III XUNTANZA GASTROLITERARIA CLUB LECTURA:

 Os rapaces e rapazas do noso Club de lectura do Lerín Lerán, remataron outra lectura e como non celebraron a súa xuntanza para intercambiar opinións sobre a mesma. Neste caso o libro entorno ao que xirou a conversa foi "Bruxas e dragóns" de Ledicia Costas. un lúdico libro no que quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. 

A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe!

Acompañaron esta xornada realizando un beberaxe saboroso e saudable batido de amorodos e espinacas... de cor verde....

Chámavos a atención??? 

Pois é curioso mesturar froita e verdura pero asegurámosvos que non estaba nada mal. Podedes probar a facelo na casiña cando gustedes!!

PLAN PROXECTA NUTRIESCOLAS 25-26






martes, 5 de mayo de 2026

As receitas de Rufo: merendas literarias na semana do Día do Libro

 Na semana do día de libro realizamos unha morea de actividades e entre elas unha magnífica merenda literaria.

En que consistiu isto?? Pois no Baliño contamos cunha familia moi vinculada ao mundo dos libros e das ilustracións, os nosos benqueridos Iria e Dani. Como na biblioteca de Lerín temos os libros escritos por eles decidimos facer unha xornada gastroliteraria, mesturando unha exposición deste libros coa degustación dunhas deliciosas galletas, das que recollemos a receita do seu libro "As receitas de Rufo".

Así que mans a obra...

!. Entre todos os grupos de alumnado e os mestres, mestras e demais membros da comunidade educativa realizamos as galletas seguindo a receita no noso comedor.

2. Expuxemos os libros de Iria e Dani.

3. Presentamos a receita con pictogramas e debuxos.

4. Degustamos as nosas galletas nas merendas literarias no tempo de lecer.


Como nos gusta argallar e compartir momentos coma este!

Deixámosvos como sempre apoio gráfico visual da proposta.

Agardamos que vos guste!

Podedes consultar a receita no libro que temos na biblioteca.



sábado, 2 de mayo de 2026

Lecto-bot!

 Durante toda a semana seguimos tendo actividades relacionadas cos libros e cas historias que neles atopamos!

Houbo varios encontros interniveis, as crianzas de 3 aniños subiron á clase dos maiores a contarlle unha historia chea de mans, logo fixeron unha actividade moi interactiva...

Debuxaron as súas manciñas e logo grazas a Pepe, o noso robot, estivemos buscando onde se atopaban e iniciando a estes pequenos e pequenas no pensamento computacional!

 

Story Instagram Collage Fotos Planificador Feed Aesthetic Analógico Pastel de CEIP Monte Baliño

O alumnado de terceiro tamén foron onda os seus veciños e veciñas de infantil a compartir lectura!












 

Misión Galicia

 Marlene é a mamá de Hugo, un dos nosos compañeiros de infantil! Esta última semana preparou unha super actividade basesda na fauna de Galic...