Hoxe anticipámonos a un día moi especial sinalado no noso almanaque: o 17 de maio DÍA DAS NOSAS LETRAS GALEGAS.
Que fixemos para celebralo?Pois este ano o Colectivo Lemos Le organizou para este día a I ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. O noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria acudiu a esta xornada de festa, organizada nas dependencias do colexio veciño de Sober, onde acudiron máis colexios da contorna. Reuníronse nunha xornada na que se compartiron diferentes propostas musicais e artísticas poñendo en valor a cultura e a lingua galega que nos une.
O noso alumnado preparou unhas regueifas moi lucidas que defenderon dun xeito espectacular.
Tan activamente participaron e se implicaron que ata elaboraron os seus propios bocadillos para degustar na xornada festeira. Empregaron para elo pan centeo e elixiron entre diferentes opcións e alternativas: aguacate, tomate, queixo, pavo e lacón. Como lles prestaron os bocadillos despois da súa actuación!Actividade que enmarcamos no Plan Proxecta NUTRIESCOLAS.
Grazas as bibliotecas de todos os centros por participar nesta xuntanza e grazas á nosa bilbioteca de Lerín por nos permitir gozar desta proposta. Esperamos repetir o próximo ano!!
Podedes formar o voso propio criterio visualizando o video que segue!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.