Polas letras galegas retomamos xogos populares do noso acervo cultural que ainda hoxe en día seguen a ser un clásico que sempre nos fai pasar un bo rato e compartir cos compañeiros e compañeiras unha xornada de festa!
Despois do noso festival, aproveitamos á tarde para practicar diferentes propostas lúdicas, por estacións e en grupos interciclos, que tanto nos presta, pasamos a tarde de xogo en xogo e de estación en estación!
Un ano máis o Ceip Monte Baliño celebra por todo o alto a cultura galega e a homenaxe, neste ano 2024 a autora galega Luisa Villalta, através dun percorrido pola provincia de Lugo da man do alumnado do cole, cheo de paradas con actuacións estelares para deleite de todo o público.
Grazas por acompañarnos neste día tan especial para Galicia e todos e todas os galegos!
Grazas tamén a este gran acervo musical que temos en Galicia, da man de nosvas xeracións de musicos e musicas que inspiraron as nosas actuacións.
Este luns 13 de maio, o alumnado doClube de lectura Lerín Leránde 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" de Andrea Maceiras(Premio Anaya infantil 2022); unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.
Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.
E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.
Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.
Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño. Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:
Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)
Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.
O 15 de maio celébrase oDÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto, con kiwis recollidos no Baliño. Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas para decoración do agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.
Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! Grazas por todo o que nos dades!
Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:
INGREDIENTES:
CON AZUCRE
1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
1 limón exprimido ou en metades a cocer.
45 minutos de coción máis ou menos
SEN AZUCRE
Engadimos unha culler de agave
2 mazás Fuji con pel
ELABORACIÓN:
-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.
-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.
-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.
-Cociñar durante 40 minutos.
-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.
Esta semana tivemos una cursos super chulos e divertido!!!
Fedellamos ca robótica, co pensamento computacional e coa creatividade do noso alumnado!
Victor e Elena ensinarnos, dende as crianzas ata as maiores como programar, construir e aprender a través da robótica e a motivación que supoñen estes materiais.