O 15 de maio celébrase o DÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto, con kiwis recollidos no Baliño.
Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas para decoración do agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.
Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos!
Grazas por todo o que nos dades!
Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:
INGREDIENTES:
- CON AZUCRE
- 1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
- 500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
- 1 limón exprimido ou en metades a cocer.
- 45 minutos de coción máis ou menos
- SEN AZUCRE
- Engadimos unha culler de agave
- 2 mazás Fuji con pel
ELABORACIÓN:
-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.
-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.
-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.
-Cociñar durante 40 minutos.
-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.