viernes, 17 de noviembre de 2023

Agradecementos e premios polos concursos do Samaín

Por fin e tras unha intensa votación, dada a afluencia de participantes e as súas fantásticas aportacións, Poñemos nome e cara aos premiados e premiadas….

Categoría MELLOR DEBUXO MEDORENTO:

*Irene (infantil)

*Enol (1º primaria)

*Xavi (2º primaria)

Categoría MELLOR LENDA TERRORÍFICA:

*Ronja (4º primaria)

*Jimena (5º primaria)

*Lila (6º primaria)

Categoría MELLOR CREACIÓN MONSTRUOSA:

*Kayuh (1º primaria)

*Ian (2º primaria)

*Mencía (6º primaria) 

Agradecementos para todos e todas os/as participantes e as súas familias por colaborar e NORABOA aos premiados/as desta volta.









domingo, 12 de noviembre de 2023

Magostoliño!

 Polo San Martiño… magosto queridiño!

E chegaron as castañas, ou chourizos, as brasas e a festa ao noso cole!

Un ano máis desfrutamos da nosa tradición e pasamos unha xornada preciosa de convivencia e compartir risas, xogos, bailes…nunha palabra..MAGOSTO!





miércoles, 8 de noviembre de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO!

 Na nosa biblio non faltan actividades este mes, non damos feito!

A semana que ven participaremos por aulas nunhas olimpíadas científicas para conmemorar o mes da ciencia en galego, preparadas polo equipo de biblioteca e adaptadas a cada unha das idades!

Preparaivos que pronto poremos en xogo o voso inxeño!



Post de Instagram Mujeres científicas dibujo vector lila de CEIP Monte Baliño

miércoles, 1 de noviembre de 2023

Samaín no Monte…

 Nesta festa sempre o pasamos de medo!,

O noso cole encheuse de personaxes monstrosas, zombis, dráculas e morcegos, catrinas, meigas e gatos negros, uuuuhhhhhhhh!

Despois de preparar a josas merendas medorentas baixamos todas e todos ao patio á xenial degustación, e ali todo o alumnado e profesorado desfrutamos dun momento terroificamente perfecto!

Despois de comer tivemos talleres de actividades moi horripilantemente divertidos, bailes, pinturas, actividades en inglés e xogos, acabamos facendo un gran baile de extrañas criaturas no patio e celebrando por todo o alto o noso Samaín 2023.



lunes, 30 de octubre de 2023

Unha lectura misteriosa…

 E seguindo cas nosas actividades de Samaín aquí vai outro desafío… quen se adentra e crea unha historia ou lenda fantasmagórica que nos faga berrar ben alto?

Lerín propón outro concurso, no que cada neno ou nena cree un conto que debe entregar antes do 3 de novembro, inspirándose nas criaturas dos montes galegos, nas lendas, nas criaturas da noite…

Despois de lelas, un xurado do máis terrorífico que pode haber no Monte Baliño, procederá a lectura das máis horripilantes nun lugar ambientado para tal fin…👻👻🧙‍♂️🧙‍♂️🧙‍♂️


halloween instagram story de CEIP Monte Baliño

jueves, 26 de octubre de 2023

LECTURAS TERRORÍFICAMENTE MEDORENTAS

No Baliño estamos xa inmersos na festividade que tanto nos gusta que se celebra a finais deste mes de Outubro: o Samaín.

O noso demo Lerín recordavos que podedes visitar o seu castelo encantado " a Biblioteca", botar unha ollada e levar de empréstito algunhas lecturas de medo para facer arrepiar os vosos corpiños!!!




miércoles, 25 de octubre de 2023

24 DE OUTUBRO: "Día das Bibliotecas" TECENDO CREATIVIDADE

Para celebrar o Día das Bibliotecas, o martes 24 de Outubro, este ano preparamos unha actividade ben bonita! 

Sabendo que as bibliotecas están cheas de libros e moreas de aventuras, os nenos e nenas do Baliño, elixiron o seu libro favorito e fixeron un debuxo da portada ou relacionado coa historia ou tamén unha foto orixinal co seu seleccionado. 

Este ano na escola do Baliño, o noso PDI é "Coñecendo a provincia: LUCUS AUGUSTI", e basándonos nos traballos de pescadores das beiras do río Sil, decidimos TECER A NOSA CREATIVIDADE nunha rede pesqueira.

Así que quentamos as nosas mans e concentramos a nosa atención para preparar esta REDE DE LIBROS. Podedes ver do que falamos no video que tedes a continuación.

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!!

E para finalizar tivemos unha sorpresiña, recibimos uns fermosos marcapáxinas diseñados por @estudiognomo (Iria Iglesias e Dani Viéitez)  para o Colectivo Lemos Le.







Día das bibliotecas 2026

 Este ano para conmemorar o día das bibliotecas, botamos man de novo do noso PDI, de tal xeito que as crianzas gozaron por aulas de diferent...