lunes, 24 de abril de 2023

Semana do libro!

 Hoxe comezamos os nosos festexos especiais polo día do libro, que se celebrou onte, 23 de abril!

Cada día da semana teremos unha actividade diferente, empezou a semana coa nosa biblio-patio para poder ler nos nosos momentos de lecer, así desfrutaron hoxe no recreo!







miércoles, 19 de abril de 2023

Taller afectivo-sexual

 Esta semana tivemos unha charla moi especial e didáctica, grazas a Sonia, comadrona do hospital de Monforte, aprendemos moitas cousas sobre a vida e como chegamos a este mundo!

Explicoulles a todos os nenos e nenas en que consite o seu traballo, como son os nosos corpos, como evolucionan e cambian coa idade e resolveulles todas aquelas dúbidas que tiñamos sobre estes temas!

Moitísimas grazas a Sonia polo seu tempo e as súas explicacións e bo facer, tamen á Anpa por achegarnos esta actividade tan chula, tan aproveitable e da que tanto aprendemos!



martes, 18 de abril de 2023

A importancia do noso chan! REPOBOANDO ÁRBORES CON SENTIDO

 Hoxe, martes 18 de abril, o profesorado e alumnado do Baliño, realizamos unha saída a Salcedo. Unha saída á nosa terra, actividade enmarcada dentro do PDI deste ano "Miña terra galega". Ao corazón dos nosos montes galegos, en plena natureza, a cal semellaba triste, solitaria e doente. Unha imaxe desoladora inondou as nosas retinas. Por mor dos incendios, o monte estaba negro e vacío... Sen árbores... Sen vida...

O coordinador da actividade (un axente ambiental) xunto cos seus compañeiros, explicáronnos o sucedido. Un raio causara toda aquela desgraza! Falounos do que era un INCENDIO FORESTAL, as causas, efectos socioeconómicos e ambientais, a importancia que ten o chan, non so as árbores e cales son os coidados para previr esta situación e cales son as actuacións a levar a cabo tras a mesma, dándolle fundamental valor o solo para repoboar os nosos montes.

Pasamos unha mañá de aprendizaxe do máis significativa.

Os montes son vida polo tanto....COIDÉMOLOS!!! 

É cousa de Tod@s!








martes, 11 de abril de 2023

Mercadillo de libros usados!

Con motivo do día do libro que se celebra o 23 de abril, dende o cole poñemos en marcha unha iniciativa, para darlle vida a eses textos usados ou contos esquecidos nos andeis das nosas casas...

A idea é que cada neno e nena traia, antes do 21 de abril (data límite),  un libro usado que estea ainda en boas condicións para poder ser lido.

Posteriormente realizaremos un "Mercadillo" no cole, no que o alumnado poderá "mercar" a cambio do seu exemplar, un novo libro e vivir unha aventura diferente!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 


Póster Infantil para Mercadillo de Libros Scrapbook Animales Amarillo Blanco y Azul de CEIP Monte Baliño

lunes, 10 de abril de 2023

Radio voz na Escola

 Hoxe tivemos unha visita moi especial! Participamos na radio na escola, coa nosa super emisora de Ralerín, a radio do Monte Baliño, emitindo sempre con moito cariño!

Este ano tivemos a sorte de ser selecciona@s para poder vivir un día de radio con dúas profesionais as que lle queremos dar en primeiro lugar as grazas!

Primeiro explicaronnos a tod@s como funcionaba a radio, que era, que se podía escoitar nela, etc…, despois o alumnado de quinto e sexto, quedou para grabar un programa que pronto poderedes escoitar en directo, un programa sobre Galicia, no que todoa a cativada do cole participou!



domingo, 2 de abril de 2023

2 DE ABRIL NO MONTE BALIÑO

 Hoxe é 2 de ABRIL: Día de concienciación sobre o Autismo. 

No Monte Baliño a diversidade enriquécenos. Para conmemorar este día ademais de vestirnos con prendas e complementos azuis, enchemos o cole de globos desa cor e preparamos unhas fermosas bolboretas azuis con materiais de refugallo para seguir enchendo de luz, desexos e ledicia o noso novo "recuncho da EMPATÍA".

Velaquí tendes as nosas creacións:








RESPETA, ACEPTA, VALORA, AXUDA, COMPRENDE, INCLÚE!

MIles de gracias a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... por colaborar vestindo de AZUL, iluminando a nosa pequena escola polo apoio e visibilización.

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES, VÉSENOS E ESCOÍTASENOS MELLOR!!!!☺

A continuación deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica do noso día AZUL.





sábado, 1 de abril de 2023

FILIPINO FOOD DAY! RECEITAS DENDE FILIPINAS CON ANG

Para rematar este segundo trimestre, a nosa teacher Nati e máis a nosa auxiliar de conversa Ang, organizaron un día especial! Exactamente un día culinario diferente!

Ang vén de Filipinas e prestouse a seleccionar tres pratos típicos do seu país (primeiro, segundo e sobremesa), para despois preparalos xunto co alumnado dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de primaria) coa axuda do noso cociñeiro e aproveitando o noso comedor.

Tendo en conta o número de comensais, botaron números para ter ingredientes dabondo para todos (traballando a competencia matemática), analizaron a receita (vocabulario e comprensión da receita en Inglés) e puxéronse mans á masa. Coma se dun masterchef se tratase, traballaron en grupos repartindo as tarefas, respectando aos demáis, aprendendo e rindo xuntos nun espazo diferente a aula de referencia.

O menú estaba formado por:

  1. APPETIZER/STARTER: UKOY 
  2. MAIN COURSE: FILIPINO SPAGUETTI 
  3. DESSERT: FILIPINO FRUIT SALAD  

O resultado?? Deliciosos pratos que gozamos no último día de trimestre, coñecendo un pouquiño máis a nosa queridiña Ang, a cal tantos sorrisos nos regala. Estamos seguros e seguras de que a ela tamén lle viñeron bos recordos do seu país con esta simple pero emotiva proposta.

Mil grazas a alumnado, profesorado e por suposto a ti... ANG 😋





Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...