viernes, 5 de febrero de 2021

Un conto de Paz

 Conmemorando o día 30 de xaneiro, os pequenos e pequenas do Monte Baliño, fixeron este conto tan bonito, utilizando a súa tenrura e a linguaxe de signos.

Que bonito conto de Paz!🥰🤩🌈



Mandados do Meco

Seguimos cos noso particular Entroido,  asi que para non perder tradición, Lerín deixanos os seus mandadiños coma sempre!

VIVA O ENROIDO no MONTE BALIÑO!

Música: Os amigos dos músicos. Non pare a festa.


jueves, 4 de febrero de 2021

Xoves de compadres










 Comeza o Entroido!

Hoxe os nenos e nenas do Monte Baliño atopàronse cuns compadres ben simpàticos!!!!🥁🎺🤡👹👻


Estimulación da linguaxe












 Nas últimas sesións de estimulación da LINGUAXE e a colación do Pdi dos contos do noso cole, fixemos unha actividade relacionada co conto da Carapuchiña.

Primeira sesión, vimos, escoitamos e interactuamos na pizarra dixital o conto da Carapuchiña da web pictocuentos. Foi moi sinxelo entendelo cos apoios visuais dos pictogramas! Despois contamos o conto de As manoplas de Carapuchiña. Ao rematar, fixemos o debuxo do conto 

Segunda sesión, comparamos traballando en equipo os dous contos da sesión anterior. Tiñan os mesmos protagonistas pero eran moi diferentes! Traballamos así a reflexión, comprensión e a expresión oral. Ademáis veunos moi ben para traballar na semana da paz, xa que no conto das manoplas, todas as personaxes son amigos e se respectan. Finalmente, rematamos a sesión cunha manualidade dun Lobo... Parécevos medorento e malvado o noso lobo?? Nos vos deixedes levar polas primeiras impresións! 👀😉

Grazas profe Cris por estas actividades tan chulis!!!🐺



miércoles, 3 de febrero de 2021

Concurso de tapabocas de Entroido

 Este Entroido, tamén será diferente, pero non por iso menos divertido, asi que...empezamos con algunha entroidada que mañá vos espera no cole...

Coma sempre dende Biblio Baliño, propoñemos un concurso para que fagades na casiña, e pasedes un ratiño divertido e compartindo en familia!

Dende hai un ano os tapabocas axúdannos a cuidarnos, a poder seguir vindo ao cole, e todas e todos entendemos o importante que é o seu uso e a súa hixiene, sempre limpos e listos para protexernos!

Este ano poñemos a vosa creatividade en xogo coma sempre, así que, trátase de deseñar un tapabocas de Entroido o máis orixinal posible, purpurinas, plumas, material de refugallo, pintado nun folio, de cartulina, de cartón, etc...

Despois os utilizaremos para decorar o cole!!!

Veña, creatividade, que sempre os traedes  tan bonitos!!!!

 

 


Gran concurSo de entroido 2021 de Moyla Pekena

martes, 2 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Da gusto propoñer actividades, porque as familias sempre estades dispostas a participar, moitas grazas, porque senon sería imposible...

Así pasa coas mochilas viaxeiras, seguen chegando vídeos todas as semanas, cos pequenos e pequenas expresándose de xeito oral a con moi bo saber, diante da cámara, para facernos chegar estas xoias...

Hoxe toculle a Alexandra de terceiro, grazas Alexandra e familia!🎒💜🌈



lunes, 1 de febrero de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe Jesún de infantil explicanos que libros había dentro da súa mochila viaxeira, algún non lle gustou, e con moito xeito cóntanos o porqué

Moitas grazas Jesús e familia!🎒⭐️


Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...