miércoles, 3 de febrero de 2021

Concurso de tapabocas de Entroido

 Este Entroido, tamén será diferente, pero non por iso menos divertido, asi que...empezamos con algunha entroidada que mañá vos espera no cole...

Coma sempre dende Biblio Baliño, propoñemos un concurso para que fagades na casiña, e pasedes un ratiño divertido e compartindo en familia!

Dende hai un ano os tapabocas axúdannos a cuidarnos, a poder seguir vindo ao cole, e todas e todos entendemos o importante que é o seu uso e a súa hixiene, sempre limpos e listos para protexernos!

Este ano poñemos a vosa creatividade en xogo coma sempre, así que, trátase de deseñar un tapabocas de Entroido o máis orixinal posible, purpurinas, plumas, material de refugallo, pintado nun folio, de cartulina, de cartón, etc...

Despois os utilizaremos para decorar o cole!!!

Veña, creatividade, que sempre os traedes  tan bonitos!!!!

 

 


Gran concurSo de entroido 2021 de Moyla Pekena

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Semana do libro!

  Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra! M...