jueves, 4 de febrero de 2021

Estimulación da linguaxe












 Nas últimas sesións de estimulación da LINGUAXE e a colación do Pdi dos contos do noso cole, fixemos unha actividade relacionada co conto da Carapuchiña.

Primeira sesión, vimos, escoitamos e interactuamos na pizarra dixital o conto da Carapuchiña da web pictocuentos. Foi moi sinxelo entendelo cos apoios visuais dos pictogramas! Despois contamos o conto de As manoplas de Carapuchiña. Ao rematar, fixemos o debuxo do conto 

Segunda sesión, comparamos traballando en equipo os dous contos da sesión anterior. Tiñan os mesmos protagonistas pero eran moi diferentes! Traballamos así a reflexión, comprensión e a expresión oral. Ademáis veunos moi ben para traballar na semana da paz, xa que no conto das manoplas, todas as personaxes son amigos e se respectan. Finalmente, rematamos a sesión cunha manualidade dun Lobo... Parécevos medorento e malvado o noso lobo?? Nos vos deixedes levar polas primeiras impresións! 👀😉

Grazas profe Cris por estas actividades tan chulis!!!🐺



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...