sábado, 17 de octubre de 2020

Xa se achega o Samaín...

Sempre por estas datas, a nosa biblbio convírtese un recuncho monstruoso e terrorífico....este ano non podía ser menos, aínda que as actividades e concursos serán un pouco diferentes...

Imosvos deixando un adianto, animaivos a escribir, a crear, a inventar mundos e historias que nos transporten as noites escuras e tétricas de Samaín...






jueves, 15 de octubre de 2020

Os Nosos Sorrisos

 Boas amiguiñ@s!

Este curso por motivos sanitarios temos que esconder os nosos sorrisos cos tapabocas, pero...SEMPRE ESTÁN AÍ!

Así que quixemos facer un conto para que todos poidamos vernos, descubrir que sempre hai un sorriso por baixo das nosas proteccións e para lembrar que pronto volveremos a ensinalos!

Moitas grazas as familias, unha vez máis, pola súa participación.





sábado, 10 de octubre de 2020

ESTAMOS EN MARCHA!

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Comezamos a andadura das nosas lectura, por fin! Volta a mergullarnos nas lindas historias que nos brindan os libros!



Hoxe repartimos as nosas lecturas para este trimestre, grandes “Beste sellers” para cada curso, axeitado as súas preferencias e gustos, ademáis de que en cada un se esconden moitos aprendizaxes relacionadas coa amizade, o respecto, a curiosidade, a familia....



Lerín preparou para o alumnado uns marcapáxinas personalizables para utilizar nas nosas lecturas de aula, facendo uso dos mandalas que tantos nos gustan neste cole!



Tamén empezamos a encher o noso panel de novidades, imos con enerxía literaria!


viernes, 2 de octubre de 2020

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

 Os nosos e as nosas Biblioaxudantes de quinto e sexto, fixeronnos esta curta tan especial, para explicarnos como debemos utilizar a biblioteca este novo curso!

Aqui vos deixamos a estes marabillosos actores e fantásticas actrices!





PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA

 Este ano, temos que ter moi presentes unhas cantas cousas para poder utilizar a Biblioteca e os espazos que nela hai.

Xa sabedes, moito coidadiño e asi gozaremos máis!

PROTOCOLO DA BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

OS NOSOS SORRISOS

 Bo día amiguiñ@ e familias!

Este curso vai a ser un poquiño especial, cada ano temos algo novo que descubrir e que reinventar!

Pois veredes, desde este momento ata que remate o curso imos traballar o mundo dos "CONTOS POPULARES!

Con relación a isto, a primeira proposta que lanzamos é...


O CONTO DOS NOSOS SORRISOS

Estimadas familias: este curso dende a Biblioteca propuxemos traballar o mundo dos “Contos populares”.

Para comezar o curso a primeira proposta que lanzamos está relacionada con un conto que imos escribir…o dos nosos sorrisos!

Pedimos a vosa colaboración para que nos enviedes unha foto do neno ou nena SEN TAPABOCAS e cun bo sorriso, ao mail: ceip.monte.balinho@gmail.com . Data límite, 7 de Otubro.

De este xeito contruiremos o noso propio conto, cos sorrisos que este ano temos un pouco escondidos!


Moitas grazas!

Un saudiño!

jueves, 1 de octubre de 2020

NOVOS CARNETS

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Xa fixemos entrega dos carnets ós novos alumnos e alumnas, ultimando detalles para que moi pronto poidamos empezar coa visita á biblio e o préstamo de libros, sempre tendo en conta as NORMAS DE HIXIENE!

Estade atentas e atentos que pronto desvelaremos máis novas!

Saudiños!



Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...