lunes, 16 de marzo de 2026

3 cumios!

 Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole, Tomás e Manuel achegáronnos o mundo do alpinismo e compartiron con nós unha experiencia marabillosa levada a cabo en Perú!

Con moito xeito contáronnos que é iso do alpinismo, que se precisa, como se preparan, e ensináronlle ao alumnado de primaria fotos e vídeos sobre a súa última expedición, observando a dureza e dificultade deste deporte, a importancia do equipo e da seguridade e planificación de todo o que fan!

Ao mesmo tempo tamén nos explicaron que despois de visitar un lugar tan incríble era necesario para eles poder compartir e agasallar con algo á xente e ao lugar que os estaba acollendo e que os estaba deixando desfrutar de esta experiencia.

Asi que movidos polo seu espíritu emprendedor e docente, decidiron facer unha lista de material necesario nas escolas da contorna e facerllo chegar, unha maneira excepcional de compartir, agasallar e convivir!


Grazas por facernos partícipes das vosas andanzas!












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

3 cumios!

  Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole, Tomás e Manuel achegáronnos o mundo do alpinismo e compartiron con nós unha experiencia mar...