viernes, 13 de marzo de 2026

8 de marzo

 Un día como hoxe conmemoramos e ensalzamos a figura da MULLER, reflexionamos sobre as diferenzas e inxustizas que a día de hoxe seguen existindo neste eido!

Durante esta semana realizamos diferentes actividades e propostas que puxeron de manifesto o noso sentir e o noso amor por aquelas muller que cambian e cambiaron o mundo ca súa voz e valentía, pero sen esquecernos primeiro das máis cercanas…

Entre outras propostas como lecturas, traballo sobre unha figura feminina concreta, elaboramos un chaveiro ca impresora 3 D, logo completámolo ca nosa pegada no caso de infantil e cunha palabra especial no caso de primaria, pensando nesa persoa que para nós é a muller máis especial do noso mundo!!

Tamén gravamos un programa de radios especial no que cada alumno e alumna do cole puxo o seu gran de area neste 8 de marzo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

8 de marzo

 Un día como hoxe conmemoramos e ensalzamos a figura da MULLER, reflexionamos sobre as diferenzas e inxustizas que a día de hoxe seguen exis...