jueves, 20 de marzo de 2025

Concerto Didáctico: Cuarteto de Saxofón

Hoxe, no Baliño, tivemos día de troula! 

Recibimos na nosa escola a un cuarteto do máis musical. Enseguida nos reunimos todos, todas e todes na Biblioteca de Lerín, e alí seguimos atentamente a charla didáctica e musical que nos tiñan preparado uns visitantes pertencentes o Conservatorio Profesional de Música de Monforte.

Fixeron un percorrido a través de diferentes partituras musicais cun guión de protagonistas moi animados (Doraemon, SuperMario, Lisa Simpson e Stich). Ata se sacaron unha foto nos exterirores do Baliño e nós sen enterarnos.



Recoñecimos todas as notas e  aventuramos a acompañalos cantándoas. 






Pasamos unha horiña moi entretidos, gozando da arte musical, aprendendo e quen sabe... quizais algún ou algunha sentise un frechazo co saxofón e se anime a se matricular.

Moitas Grazas pola vosa visita!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Benvid@s a un novo curso de lecturas e aventuras na nosa biblio!

Arrancamos unha nova andaina na nosa biblio favorita, chea de recunchos, de libros e aventuras, robots, a nosa radio e o noso croma, legos, ...