Esta última semana de xaneiro o tempo está moi revolto así que os tempos de lecer, quedamos na nosa biblioteca do Baliño. Alí podemos ler libros e ollar novedades, xogar a xogos de estratexia, atención, memoria, disfrutar no recuncho de xogo funcional cos novos bonecos e minimundos, facer construccións manipulando as pezas de Kapla, pezas imantadas, muelles xiratorios, crear cos legos seguindo instruccións e innovando... en definitiva XOGAR E APRENDER cos recursos ofertados dende o espazo da biblioteca entre os que se atopan as novas incorporacións de Polos Creativos e da nosa biblioteca creativa.
O noso alumnado de 5º e 6º, participantes no CLUBE DE LECTURA reuniuse de novo arredor da lectura nun entorno gastro-literario na biblioteca de LERÍN no Baliño.
A lectura elixida tiña por título "Apestoso tio Muffin" de Pedro Mañas Moreno. Unha divertida e irreverente historia que nos amosa a importancia de superar os nosos medos e nos ensina a deixar de lado os prexuizos e as falsas experiencias.
Baixo a moderadora, a súa mestra Laura, crearon un clima moi distendido e natural no que intercambiaron opinións sobre a lectura do libro en cuestión.
Nesta historia foilles complicado relacionala coa alimentación, así que inxeniosamente recurriron ao título e prepararon uns riquísimos MUFFINS para amenizar o coloquio sobre o libro.
Agradecésmoslles que non se esqueceron do resto de alumnado e elaboraron suficientes muffins para todos e todas que comemos durante o tempo de ocio acompañados do leite do programa de reparto do FOGGA (Plan proxecta Nutriescolas)
Grazas rapaces e rapazas!
Coma sempre compartimos receita e ingredientes:
200 g de fariña
75 g de panela
1 culler de esencia de vainilla
1/2 sobre de levadura en pó
40 g de cacao puro en pó
1 culler de bicarbonato
130 g de leite sen lactosa
120 g de auga
90 g de aceite
Prequecemos o forno a 200º e engrasamos un molde de muffins ou poñemos cápsulas de papel. Reservamos
Mesturamos fariña, azucre, levadura, cacao puro e bicarbonato.
Engadimos leite, auga e aceite e mesturamos.
Botamos mestura nun molde ata encher 3/4 partes da súa capacidade.
Levamos ao forno durante 25 min(200º)
Retiramos os muffins do forno, deixamos templar e servimos ou conservamos nun recipiente hermético.
Este curso celebraremos unha vez máis a nosa particular "Carreira da Paz", e xa imos pola VI edición!!
Nesta ocasión cambiaremos de tipo de axuda pero ca mesma finalidade,comprender e osbervar a importancia da axuda cercana para poder reverter situacións de inxustiza e poucos recursos que se poden estar dando cerca de nós.
O alumnado traerá 1KG de comida non perecedeira,que se entregará no cole e que posteriormente se fará chegar aos servizo sociais do concello de Ferreira.
O día que se proceda á entrega realizaremos unha convivencia cas persoas que recollerán a comida, e que nos contarán como se organizan, que criterios seguen, etc...
De tal xeito que todos vexamos que unha pequeniña aportación nosa pode cambiar moito a vida doutras persoas que nestes momentos o precisan.
O 30 de Xaneiro conmemorase a nivel muundial o día da paz e da NON violencia.
No Monte Baliño temos moi claro que todos os días son días de paz, pero o xoves máis que nunca lembraremos que por desgraza seguen existindo moitas situacións cercanas e ao lonxe que distan moito dunha vida pacífica a igualitaria para todas as persoas.
Dentro das actividades que realizaremos no cole durante toda a semana, propoñemos tamén dende a biblioteca un concurso no que podedes participar e axudar aos vosos nenos e nenas!
Nesta ocasión existen dúas modalidades:
Para o alumnado dende segundo a sexto:
Para ó alumnado de infantil e primeiro:
E os premiados e premiadas son…tod@s @s participantes!