Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño.
Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:
- Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
- Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)
Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.
Grazas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.