lunes, 13 de febrero de 2023

IMPRESIÓN 3D: FORMACIÓN DO PROFESORADO

 O profesorado do Baliño intentamos estar actualizados e en constante formación, así que, velaquí nos tendes aprendendo e fedellando no mundo das tecnoloxías. Desta volta, sumerxémonos no apaixonante ámbito da impresión 3D.

 A que vos sona xenial??

Pois a verdade é que a sesión nos encheu de ilusión e nos fixo ver todas as posibilidades de aplicación educativa nas nosas aulas cos nosos pequenos e pequenas aprendices.

Xa estamos a darlle voltiñas ao coco para levalo a práctica e facer do proceso de ensino aprendizaxe un camiño emocionante e motivador.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Revista Monte Baliño Marzo

 Dende que comenzou o curso, as alumnas de proxecto competencial se quinto e sexto elaboran unha revista mensual con todas as noticias que p...