viernes, 24 de febrero de 2023

CIENCIA EN MOVEMENTO NA NOSA BIBLIO

Hoxe tivemos unha actividade moi interesante no Baliño. A nosa biblio converteuse nun Museo Interactivo de Ciencia no que o alumnado participou activamente empregando todos os seus sentidos achegándose ao funcionamento dos motores das máquinas de vapor, motores eléctricos...
Trátase dunha actividade enmarcada dentro dos programas educativos de Plan de mellora INNOVA  e que teñen por obxectivo a achega de experiencias educativas ao alumnado, o fomento da súa curiosidade, o aumento da motivación e o gusto pola Ciencia e a investigación, coñecemento dos avances da Ciencia ao longo da historia... entre outros aspectos.
Observamos, fixemos hipóteses, manipulamos, sacamos conclusións...Tanto Lerín coma todos os participantes gozamos dunha xornada de aprendizaxe práctico e sobre todo moi divertido APRENDENDO FACENDO.
Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica...   

NON É MAXIA, É CIENCIA








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

25N de 2025: ÚNETE A POÑER FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole do Baliño   UNÍMONOS   a poñer   FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO , enchendo o cole de violeta,   palabras que abrazan   (RESPECTO, AMOR, C...