lunes, 6 de diciembre de 2021

Amig@ invisible!👏🏻🎁🪅

 No noso cole aproveitamos todos os días para agasallarnos con moitos xestos que non son materiais, a diario rodeámonos de amizade, de apertas, de axuda mútua, respecto, alegría e aprendizaxes.

Aínda así, durante estas datas, como xa é un clásico, aproveitamos para regalarnos algún detalle material, pero sempre con un fin principal, centrándoo na elaboración propia, no material de refugallo e no esforzo e cariño que cada quen lle pon ao seu agasallo invisible!

Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz:

- Cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.

- Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar. 

- Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes!

- Os detalliños haberá que traelos antes do día 20 ao cole, e se pode ser envoltos.

Moitísimas grazas como sempre pola vosa colaboración!🥰


AMIG@S INVISIBLES de CEIP Monte Baliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...