martes, 30 de noviembre de 2021

Ciencia na escola

O alumnado de catro e cinco anos, botáronse a ciencia e puxéronse a investigar, primeiro observando e formulando hipóteses e despois comprobando e sacando conclusións, que divertido!!



A cativada de tres anos anda estes días inmersa en aprender e descubrir a máxia da ciencia, investigan, experimentan e observan os cambios que se producen segundo os materiais que empregan.

Nesta ocasión o experimento foi este:

-Vertemos o leite no recipiente.

-Engadimos unhas gotas de colorante.

-Untamos a punta do bastoncillo en xabón.

-Observamos como actúan as cores.

As cores escapan do xabón cara os lados do recipiente. Isto sucede porque o leite está composto de graxas e ao engadirlle o xabón estas partículas móvense con maior liberdade polo recipiente co colorante, formando debuxos de cores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...