domingo, 17 de octubre de 2021

Día das Escritoras

O vindeiro luns 18 de outubro, celébrase o día das escritoras, baixo o lema "Ler as idades da vida".

No Ceip Monte Baliño, en conxunto e coordinación co colectivo Lemos lé, afondamos na obra da escritora da contorna, Olga Novo, partindo dun dos seus textos "O pequeno Petrucio e a naiciña nena", realizáronse diversas actividades en cada un dos cursos, relacionados coas temáticas que neste documento tan bonito nos deixa a escritora.

Iremos poñendo nesta entrada todas esas achegas de cada unha das nosas clases!

Mentras tanto deixámosvos cun pequeno fragmento de Xela Arias, que queda recollido no blog de Bibliotecas escolares, que fai referencia a esta idade tan bonita que temos entre mans, @s cativ@s!

"Vou ser vella. De nena quédame pouco. Oínllelo dicir ás miñas tías: “¡Como pasa o tempo! Nun visto e non visto, agora a nena logo se ha facer muller. ¿Que lle poden quedar? ¿Un ano, ou dous?E parece que foi onte cando naceu, coma se fose onte...”
Si. É terrible.
Converterse en muller é converterse en adulto. Certamente recoñezo que non teño présa ningunha. Ademais, paréceme bastante perigoso ser adulto."
Xela Arias "Non te amola!" (Editorial Galaxia) 

Nesta presentación queda recollido todo o que fixemos en cada grupo, según o tema traballado:

O alumnado de cuarto de infantil fixo un traballo precioso no que afondaron nas relacións familiares, facendo as súas árbores xenealóxicas e establecendo unha analoxía coas árbores e as súas raíces.

Que bonito lles quedou!

 O alumnado de quinto e sexto de infantil e mais os de primeiro e segundo, estiveron vendo e creando diferentes xogos feitos con materiais da natureza, como conta Olga Novo no seu texto.

A xogar!


Os nenos e nenas de terceiro e cuarto, deixaron voar a súa imaxinación e a súa creatividad e elaboraron  uns papaventos preciosos, que percorrerán o ceo como as avionetas das que fala a nosa autora.
Que artistas!

O alumnado de quinto e sexto, afondou nuns temas máis amplos, que Olga Novo reflicte moi bien no texto, o fenómeno da emigración e os cambios que sufriu a escola ao longo destes anos.
Recrean unha conversa de lareira, que xeito lle dan!


Colorido Abstracto Patrón Plan de Estudios Presentación de Educación de CEIP Monte Baliño

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Fomos de granxa!

  Hoxe pasámolo moi ben na granxa de Puluán! Saímos do cole felices, con ganiñias de descubrir todas as sorpresas que nos agardaban, primeir...