lunes, 25 de octubre de 2021

Apócemas de bruxa🤖👻

🧙‍♂️Apócemas de Bruxas con escornabot_ 

Na gran semana do medo no Baliño, durante a sesión de estimulación da linguaxe en Infantil, levamos a cabo unha actividade feiticeira.

Coa inestimable colaboración de Bluebot e a participación activa dos pequenos e pequenas da aula, preparamos unhas apócemas de bruxa seleccionando os mellores ingredientes: vermes, ratas, mazás mordidas, morcegos, pés,  cornos de unicornio, moscas, escorpións, zume de cabeza de xigante, viño verde de ogro, esencia de unllas, ollos, setas velenosas e moitos máis.

Traballamos vocabulario temático de Samaín, seguimento dunha receita, orientación espacial, programación sinxela, agardar quenda de xeito paciente, colaboración, traballo en equipo...

Foi unha clase terroríficamente divertida! 

Grazas rapazada por axudar á bruxa!👹💀






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...